DOG 26 de maio (100)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Convocatoria.- Resolución do 13 de maio de 2020 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ao investimento para a fabricación de produtos relacionados co COVID-19 (Inviste COVID-19) cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG415B). (Extracto)
INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO
Plan RehaVIta.- Resolución do 19 de maio de 2020 pola que se amplía a dotación orzamentaria da convocatoria de subvencións do Programa de infravivenda do Plan RehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, para o exercicio 2020.
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Explotación porcina.- Anuncio do 12 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade da resolución pola que se extingue a autorización ambiental integrada 2007/0033_NAA/IPPC_092 dunha explotación porcina de porcos de ceba, no lugar da Baloira, Santa Mariña de Brañas, concello de Toques.
PXOM.- Anuncio do 13 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do Plan xeral de ordenación municipal de Castrelo de Miño.
Solo núcleo rural.- Anuncio do 13 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da delimitación do núcleo rural de Muñís, no concello de Navia de Suarna (expediente 2019AAE2407; código 2291/2020).
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Instalación eléctrica.- Acordo do 4 de maio de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Zas (expediente IN407A 2015/167-1).
Instalación eléctrica.- Resolución do 14 de maio de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Outeiro de Rei (expediente IN407A 2020/06 AT).
CONCELLO DE PARADA DE SIL
Normas subsidiarias de planeamento.- Anuncio de aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias municipais para delimitación no núcleo rural de Regueiro.
BOP A Coruña 26 de maio (73)
Consellería de Economía, Emprego e Industria
Expropiacións.- Acordo do 20 de maio de 2020 da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica, no concello de Muxía (expediente IN407A 2019/167-1).