NORMATIVA DO 8 DE XUÑO DE 2020

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

BOE 8 de xuño (161)

V. ANUNCIOS

MINISTERIO DE INCLUSIÓN, SEGURIDAD SOCIAL Y MIGRACIONES

Convocatoria.- Extracto de la Resolución de 2 de junio de 2020, de la Dirección General de Migraciones, por la que se convocan subvenciones públicas para la ordenación de los flujos migratorios laborales de trabajadores/as migrantes para campañas agrícolas de temporada.

 

DOG 8 de xuño (110)

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Cesamento.- Decreto 86/2020, do 5 de xuño, polo que se dispón que cese Silvestre José Balseiros Guinarte como director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

Cesamento.- Decreto 87/2020, do 5 de xuño, polo que se dispón que cese Silvestre José Balseiros Guinarte como director xeral do Fondo Galego de Garantía Agraria.

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Violencia de xénero.- Resolución do 27 de maio de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), con cargo ao programa operativo Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020, e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria no ano 2020 (códigos de procedemento SI435B, SI435A, SI427B e SI435C).

FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA

Convenios.- Resolución do 6 de maio de 2020 pola que se dá publicidade das addendas aos convenios de colaboración e aos demais convenios subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2020.

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

Subvencións.CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 28 de abril de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos e a implantación de domótica enerxética, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2020 (códigos de procedemento IN414B e IN414C).

Subvencións biomasa.- Resolución do 2 de xuño de 2020 pola que se modifica a Resolución do 4 de maio de 2020 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes de axuda establecido no artigo 3.3 da Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de biomasa destinadas a particulares e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2020 e se procede á selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión destas subvencións (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro de 2020), e se insta a continuación da tramitación do procedemento de concesión destas subvencións.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Explotación porcina.- Resolución do 13 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Exporgondo, S.L. para unha explotación porcina de produción de leitóns no lugar de Vizoño, no concello de Abegondo (expediente 2019-IPPC-M-64).

Impacto ambiental.- Resolución do 26 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Proxecto sectorial de creación de solo industrial para as instalacións da mercantil Talleres Ganomagoga, S.L.U., situadas no lugar da Gándara, parroquia de Areas, no concello de Ponteareas, promovido pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas (expediente 2020AAE2420; código 2292/2020).

PXOM.- Resolución do 26 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Santiso (expediente 2020AAE2423; código 2294/2020).

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Expropiacións.– Anuncio do 28 de maio de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2010/269-1, nos concellos de Mazaricos, Negreira e Outes.

CONCELLO DE OIA

Xestión de biomasa.- Edicto da orde de execución de limpeza da parcela en risco de incendio ao abeiro do artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (Gestiona 1336/2018).

 

BOP A Coruña 8 de xuño (82)

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

Expropiacións.- Resolución do 26 de maio de 2020, do Servizo Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación e para a formalización das actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de actuacións no Camiño Portugués treito rúa Escurridía- Ponte Vella, de clave AC/18/024.06, no concello de Santiago de Compostela.

Eólicos.- Resolución do 15 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se declara a utilidade pública, en concreto, do parque eólico Corme Modificación Substancial (repotenciación parque eólico Corme), sito no Concello de Ponteceso.

 

BOP Lugo 8 de xuño (130)

BARALLA

Axudas impulso económico COVID-19.- Bases reguladoras das axudas para o impulso da actividade económica no termo municipal de Baralla, para paliar os efectos do Covid-19, procedendo á su convocatoria.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias