NORMATIVA DO 22 DE XUÑO DE 2020

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOUE 22 de xuño

LEGISLACIÓN (L197)

REGLAMENTOS

Pagos directos.- REGLAMENTO DE EJECUCIÓN (UE) 2020/862 DE LA COMISIÓN de 19 de junio de 2020 que fija para el año civil 2020 el porcentaje de ajuste de los pagos directos de conformidad con el Reglamento (UE) n.o 1306/2013 del Parlamento Europeo y del Consejo.

 

BOE 22 de xuño (173)

I. DISPOSICIONES GENERALES

MINISTERIO DE LA PRESIDENCIA, RELACIONES CON LAS CORTES Y MEMORIA DEMOCRÁTICA

Normas de calidad.- Real Decreto 523/2020, de 19 de mayo, por el que se modifica el Real Decreto 1049/2003, de 1 de agosto, por el que se aprueba la Norma de calidad relativa a la miel.

 

DOG 22 de xuño (122)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Violencia de xénero. Convocatoria.- Resolución do 15 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2021, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.(Extracto)

Código de procedemento.- SI451A

Prazo de presentación de solicitudes.- Ata o 22/07/2020

 

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

PXOM.- Orde do 1 de xuño de 2020 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Guitiriz (Lugo).

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

Plan RehaVita.- Resolución do 16 de xuño de 2020 pola que se amplía a dotación orzamentaria da convocatoria de subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan RehaVIta, Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, para o exercicio 2020.

 

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Eólicos.- Resolución do 26 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorga autorización administrativa de construcción e se declara a utilidade pública, en concreto, do parque eólico experimental NED 1ª fase (200 kW) e da súa liña eléctrica de evacuación de media tensión (20 kV), sito no concello da Pastoriza (Lugo) e promovido por Norvento Tecnología, S.L.

AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS

Expropiacións.- Resolución do 5 de xuño de 2020, do Servizo Provincial de Ourense, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación e para a formalización das actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na OU-537, treito de parques empresariais (puntos quilométricos 0+000-2+030), e na OU-536, treito A Derrasa (puntos quilométricos 7+180-7+940), no concello do Pereiro de Aguiar (clave OU/16/269.06).

CONCELLO DA ESTRADA

Plan contra incendios.- Anuncio da aprobación definitiva do Plan de prevención e defensa contra incendios forestais da Estrada.

 

BOP A Coruña 22 de xuño (92)

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Estatutos.- Modificación estatutaria da organización empresarial “Agrupación de Defensa Sanitaria de Ganado Porcino Coruña Costa”

CÁMARA OFICIAL DE COMERCIO, INDUSTRIA, SERVICIOS Y NAVEGACIÓN. A CORUÑA

Xpande Digital.- Corrección de errores del extracto de la Convocatoria Programa Xpande Digital 2020 – Cámara Comercio A Coruña.

 

BOP Lugo 22 de xuño (142)

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS

Eólicos.- Resolución do 26 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorga autorización administrativa de construción, se declara a utilidade pública, en concreto, do parque eólico experimental NED 1ª Fase (200 kW) e da súa liña eléctrica de evacuación de media tensión (20 kV), sito no Concello da Pastoriza (Lugo) e promovido por Norvento Tecnología, S.L.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias