NORMATIVA DO 25 DE XUÑO DE 2020

DOG (124): Se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 20 de maio de 2020 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura. Convocatoria de axudas aos proxectos de empresas galegas para garantir a seguridade laboral e xerar confianza no consumidor.

DOG 25 de xuño (124)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Axudas Apicultura.- Orde do 15 de xuño de 2020 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 20 de maio de 2020 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2020 (códigos de procedemento MR506A e MR506B). (Extracto)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Convocatoria.- Resolución do 15 de xuño de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de empresas galegas para garantir a seguridade laboral e xerar confianza no consumidor, susceptibles de cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento IG524D). (Extracto)

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

PXOM.- Resolución do 11 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos 4044/2020, 4052/2020 e 4053/2020, interpostos contra a Orde do 3 de xuño de 2019 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal da Fonsagrada.

Explotación porcina.- Anuncio do 20 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Integraciones Muíños, S.L., para unha explotación porcina de ceba en Siador, no concello de Silleda (expediente 2019-IPPC-M-52).

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias