UUAA VIXIARÁ A INTEGRIDADE DOS ACORDOS DO CÁRNICO

As mesas de prezos recuperarán as cotizacións de antes da Covid-19

Santiago 30 de xuño de 2020.- Unións Agrarias vixiará de preto o cumprimento íntegro dos acordos acadados no sector do gando de carne logo da campaña de mobilizacións realizada nas últimas semanas en distintas localidades de Galicia.

A organización anuncia que os prezos deben recuperarse e volver a valores anteriores aos efectos da Covid-19 nos mercados gandeiros. Así, para becerros de Ternera Gallega Suprema de ata 225 quilos o prezo de Q/canal debe acadar os 4,75 Euros.

UUAA advirte que as cotizacións que debe de facer públicas mañá a IXP Ternera Gallega deben verse reflexadas en contrato para ser cumpridas efectivamente. Neste sentido, reclama da Consellería do Medio Rural a posta en marcha inmediata do Observatorio de Prezos para poder estabilizar os mercados; dado que neste momento, e a pesar das recuperacións logradas, non se acadan aínda os custos de produción.

A organización agraria lembra que non existe neste momento ningunha razón de consumo, dada a case total reapertura da hostalería, para seguir pagando prezos de miseria polos becerros como ata o de agora se viña producindo. E insta a continuar traballando pola posta en valor da produción galega de vacún e a consecución de prezos xustos.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias