NORMATIVA DO 9 DE XULLO DE 2020

DOG (136): Axudas para a contratación de técnicos e técnicas especialistas en organismos intermedios para o asesoramento a empresas en situacións conxunturais provocadas polo escenario económico do COVID-19. BOP A Coruña (104): PES 2020/2022. Concesión provisional de subvencións correspondentes ao programa OPAS/2020.

DOG 9 de xullo (136)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Convocatoria.- Orde do 6 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a contratación de técnicos e técnicas especialistas en organismos intermedios para o asesoramento a empresas en situacións conxunturais provocadas polo escenario económico do COVID-19, financiadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (código de procedemento TR332C). (Extracto)

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 09/08/2020.

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

Delegación de competencias.- Resolución do 30 de xuño de 2020 pola que se fai pública a delegación de competencias do Consello de Dirección na Dirección Xeral.

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

Proxectos de biomasa.- Resolución do 1 de xullo de 2020 pola que se dá publicidade da resolución pola que se conceden as subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de biomasa destinadas a particulares, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, sobre a base da convocatoria de subvencións realizada mediante a Resolución do 18 de decembro de 2019 deste mesmo órgano (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro de 2020).

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Impacto ambiental.- Anuncio do 23 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de nova fábrica de produción de pensos no polígono industrial Área 33 de Silleda, no concello de Silleda, Pontevedra (expediente 2020/0004).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Cambio de uso.- Anuncio do 23 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 3 de xuño de 2020 de autorización de cambio de actividade forestal a agrícola da parcela 28 do polígono 113 do termo municipal de Friol.

CONCELLO DE CURTIS

Cambio de uso.- Anuncio de aprobación de cambio de uso de parcela municipal.

CONCELLO DE TEO

Xestión de biomasa.- Anuncio de notificación da comunicación para lembrar a obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ás persoas responsables, descoñecidas, deste concello.

 

BOP A Coruña 9 de xullo (104)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Plan Estratéxico de subvencións.- Plan Estratéxico de Subvencións da Deputación Provincial da Coruña 2020/2022.

Concesión provisional OPAS/2020.- Resolución número 2020/20480 de concesión provisional de subvencións correspondentes ao programa OPAS/2020: Convocatoria dirixida as organizacións agrarias e labregas para actividades durante o ano 2020.

 

BOP Lugo 9 de xullo (156)

SERVIZO DE MEDIO AMBIENTE

Hortas urbanas ecolóxicas.- Regulamento das hortas urbanas ecolóxicas da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

 

BOP Pontevedra 9 de xullo (130)

SECRETARÍA GENERAL

Poxa.- Anuncio de la Delegación de Economía y Hacienda en Pontevedra por el que se convoca subasta de varios lotes de fincas rústicas.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias