NORMATIVA DO 20 DE XULLO DE 2020

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 20 de xullo (144)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Certificados de profesionalidade.- Resolución do 22 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se deixa sen efecto a Resolución do 13 de febreiro de 2020 pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación.

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

Ribadavia.- Resolución do 10 de xullo de 2020 pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de xullo de 2020 polo que se declara área de rexeneración urbana de interese autonómico o conxunto histórico de Ribadavia.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

PXOM.- Resolución do 8 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 4058/2020, interposto contra a Resolución do 22 de xaneiro de 2020 de aprobación definitiva da modificación puntual número 6 do Plan xeral de ordenación municipal de Curtis.

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Eólicos.- Anuncio do 6 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversos trámites do expediente de expropiación do parque eólico modificación Montes de Abella (expediente 103-EOL).

CONCELLO DO INCIO

Xestión de biomasa.- Anuncio de notificación a titulares coñecidos e descoñecidos deste concello para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas.

 

BOP A Coruña 20 de xullo (111)

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Expropiacións.- Acordo do 13 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica, no concello de Sobrado dos Monxes (expediente IN407A 2019/118-1)

 

BOP Pontevedra 20 de xullo (137)

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS

Expropiacións.- Resolución do 7 de xullo de 2020 de pagamento dos mutuos acordos e límites ata os mutuos acordos por expropiación para as obras na po/12/070.01, po/12/070.01.2 e po/12/070.01.3.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias