NORMATIVA DO 23 DE XULLO DE 2020

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 23 de xullo (147)

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Explotación avícola.- Anuncio do 23 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a LP Aves, S.C. para a explotación avícola de polos de ceba situada en Mercurín, concello de Boimorto, A Coruña (expediente 2019-IPPC-M-113).

PXOM.- Anuncio do 3 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual número 11 do Plan xeral de ordenación municipal para adaptar a normativa do réxime de fóra de ordenación á Lei 2/2016, no concello do Carballiño (expediente 2020AAE2442; código 2304/2020).

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Expropiacións.- Anuncio do 9 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2019/244-1, no concello de Narón.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Concentración parcelaria.- Anuncio do 8 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación de requirimentos de documentación respecto do proceso de concentración parcelaria da zona de Noceda-Bendoiro-Anzo-Madriñán e Busto (Lalín-Pontevedra).

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias