NORMATIVA DO 31 DE XULLO DE 2020

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOUE 31 de xullo

LEGISLACIÓN (L248)

REGLAMENTOS

Precios representativos.- Reglamento de Ejecución (UE) 2020/1139 de la Comisión de 29 de julio de 2020 por el que se modifica el Reglamento (CE) n.o 1484/95 en lo que respecta a la fijación de los precios representativos en los sectores de la carne de aves de corral, de los huevos y de la ovoalbúmina.

 

DOG 31 de xullo (152)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FACENDA

Orzamento.- Resolución do 15 de xullo de 2020 pola que se publican o estado de execución do orzamento da Comunidade Autónoma e as súas modificacións, e a situación da tesouraría e movementos por operacións orzamentarias e extraorzamentarias correspondentes ao primeiro trimestre de 2020.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

Iniciativa Xove.- Resolución do 20 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 15 de xullo de 2020, ditada no procedemento BS306B, respecto das axudas convocadas ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove durante o ano 2020, e se procede á súa convocatoria.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Servizos mínimos folga.- Orde do 30 de xullo de 2020 pola que se establecen os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais durante a folga convocada pola Confederación Intersindical Galega (CIG-Autonómica), Comisiones Obreras de Galicia (CC.OO.), a Central Sindical Independiente y de Funcionarios (CSIF) e a Federación de Servicios de Empleados y Empleadas de Servicios Públicos de la UGT Galicia-FeSP-UGT Galicia, que comeza o día 1 de agosto ás 00.00 horas e ten carácter indefinido.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Instalación eléctrica.- Resolución do 1 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Pazos de Borbén (expediente IN407A 2020/057-4).

 

BOP A Coruña 31 de xullo (120)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Concesión FOIO0A/2020.- Resolución de presidencia 23191/2020 pola que se aproba a concesión provisional de subvencións correspondentes ao programa foio0a:convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero no ano 2020 (FOIO0A/2020)

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias