NORMATIVA DO 3 DE AGOSTO DE 2020

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

BOE 3 de agosto (209)

V. ANUNCIOS

MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y ALIMENTACIÓN

INTEROVIC.- Resolución de 24 de julio de 2020, de la Dirección General de la Industria Alimentaria, por la que se somete a información pública la propuesta de extensión de norma y de aportación económica obligatoria, solicitada por la Organización Interprofesional del Ovino y Caprino de Carne, INTEROVIC, durante un período de cinco años.

MINISTERIO DE INCLUSIÓN, SEGURIDAD SOCIAL Y MIGRACIONES

Convocatoria.- Extracto de la resolución de 21 de julio de 2020 de la Dirección General de Inclusión y Atención Humanitaria, por la que se convocan subvenciones para el desarrollo de actuaciones de interés general en materia de extranjería destinadas a la defensa de los derechos humanos de las personas migrantes, así como a favorecer la convivencia y la cohesión social, cofinanciadas por fondos de la Unión Europea.

 

DOG 3 de agosto (154)

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

COVID-19.- Resolución do 31 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta do 30 de xullo de 2020 polo que se modifica o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Convocatoria.- Resolución do 22 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de emerxencia social e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento PR935A). (Extracto)

Violencia de xénero.- Resolución do 23 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se fai público o esgotamento do crédito da Resolución do 1 de xuño de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero no ámbito de colaboración coas entidades locais galegas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Explotación porcina.- Anuncio do 6 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Celso Gómez Valencia y Otros, S.C., para unha explotación porcina de produción de tipo mixto no lugar das Casas da Veiga-Ganade, no concello de Xinzo de Limia (expediente 2019-IPPC-M-83).

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Expropiacións.- Acordo do 13 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Sobrado dos Monxes (expediente IN407A 2019/118-1).

Expropiacións.- Anuncio do 17 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2019/231-1, no concello de Ortigueira.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Concesións. MR670B.- Anuncio do 8 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se publica a resolución das axudas concedidas e desestimadas ao abeiro da Orde do 25 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia número 232, do 5 de decembro de 2019).

 

BOP A Coruña 3 de agosto (121)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Concesión OPAS/2020.- Concesión definitiva de subvencións do programa OPAS/2020: Convocatoria do programa de subvencións dirixido ás organizacións profesionais agrarias e labregas (OPAS) da provincia da Coruña para actividades 2020.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias