DOG 11 de agosto (160)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Ampliación do prazo de execución e xustificación.- Orde do 4 de agosto de 2020 pola que se modifica a Orde do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2020 e 2021 das axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos no ámbito dos parques naturais de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MT819A).
Ampliación do prazo de execución e xustificación.- Orde do 4 de agosto de 2020 pola que se modifica a Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2020 das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede de reservas da biosfera de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MT724A).
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Ampliación do orzamento.- Orde do 3 de agosto de 2020 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión das axudas da Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (códigos de procedemento MR651A e MR651B). (Extracto)
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Información pública.- Anuncio do 9 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental da ampliación dunha granxa de polos de ceba en Parada de Ribeira de 51.169 a 91.028 polos. Titular: Avicesa, S.C. Localización: concello de Xinzo de Limia (Ourense).
IAA.- Anuncio do 21 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de liña de alta tensión 66 kV A Ruña-Regoelle e subestación colectora 30/66 kV A Ruña, nos concellos de Dumbría e Mazaricos (expediente 2018/0209).
IAA.- Anuncio do 24 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación de cebadeiro de vacún de carne, e da fosa de xurros e esterqueira no lugar da Espadana, na parroquia do Alto de Xestoso, no concello de Monfero (clave do expediente 2019/0002).
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Madeira.- Resolución do 2 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a convocatoria mediante procedemento aberto con criterio único (prezo) para un alleamento de madeiras na provincia da Coruña.
BOP Lugo 11 de agosto (183)
TRABADA
Extracto da convocatoria.- Referente a bases reguladoras de axudas para o mantemento e impulso da actividade económica como consecuencia da emerxencia sanitaria provocado polo COVID 19.
Extracto da convocatoria.- Referente a bases reguladoras de axudas económicas para o fomento da natalidade.