NORMATIVA DO 17 DE AGOSTO DE 2020

Subvencións ás explotación ovinas e caprinas polo COVID-19

DOG 17 de agosto (165)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Convocatoria.- Orde do 6 de agosto de 2020 pola que se regula a concesión das subvencións estatais destinadas no exercicio 2020 ás explotacións ovinas e caprinas con dificultades de comercialización de años e cabritos, durante os meses de marzo e abril, como consecuencia das limitacións impostas polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e as súas prórrogas (código de procedemento MR242B). (Extracto). Prazo: Ata o 31 de agosto.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Concentración parcelaria.- Anuncio do 30 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunica a aprobación do acordo de concentración parcelaria da zona de San Bartolomeu de Berrande (Vilardevós, Ourense).

AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS

Aprobación do expediente de información pública.- Resolución do 16 de xullo de 2020, da Área de Planificación e Proxectos, pola que se fai pública a aprobación do expediente de información pública do proxecto de trazado de actualización do proxecto do ramal de conexión entre a AG-53 e a N-525 en Dozón (PO/12/132.01), de clave PO/19/027.01.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias