UUAA PIDE A CONVOCATORIA DA MESA DO VIÑO EN RÍAS BAIXAS

É inexplicable que na actual situación se entre na vendima sen reunirse

Cambados, 5 de agosto de 2020.- UUAA pide á Consellería do Medio Rural a convocatoria inmediata da Mesa de Rías Baixas para establecer unha base de traballo leal e eficaz de cara a acometer a inminente vendima. Desta negociación haberían de saír o prezo da uva, que cando menos ten que manterse; xa que en contra do que se estimaba de xeito interesado por algunhas adegas nesta campaña non haberá excedentes de produción.

Para a organización agraria resulta estraño que tras o anuncio por parte da Consellería do Medio Rural de activar axudas ás adegas para a compra de uvas non se poida consultar en ningunha fonte o mecanismo polo que se vai a rexer esta liña de apoios.

A organización reclama da Xunta de Galicia que vincule calquera liña de liquidez ás adegas a que estas garantan a recollida da uva a prezos que cubran os custos de produción; e que se obrigue a depositar os contratos de abastecemento nun rexistro público para certificar que estes cumpre coa lexislación vixente.

Neste sentido, Unións Agrarias pide a aplicación estrita da normativa inmersa na Lei da Cadea Alimentaria que desemboque nunha negociación, contractualización e rexistro público de toda a produción de uvas na Denominación de Orixe Rías Baixas.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias