NORMATIVA DO 25 DE AGOSTO DE 2020

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 25 de agosto (171)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Convocatoria.- Resolución do 28 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, para o ano 2020 (código de procedemento SI452A). (Extracto)

Ampliación orzamentaria.- Resolución do 19 de agosto de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 20 de novembro de 2019 pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Eólicos.- Resolución do 17 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se concede a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e se declara de utilidade pública, en concreto, o parque eólico Alto da Croa II, nos concellos de Dumbría e Vimianzo (A Coruña), promovido pola sociedade Greenalia Wind Power Alto da Croa II, S.L.U. (expediente IN661A 2010/4-1).

Eólicos.- Resolución do 17 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se concede a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e se declara de utilidade pública, en concreto, o parque eólico Monte Tourado, no concello de Vimianzo (A Coruña), promovido pola sociedade Greenalia Wind Power Monte Tourado, S.L.U. (expediente IN661A 2010/5-1).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Anuncio do 6 de agosto de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado, relativo ao deslindamento parcial do monte de Uceira e monte do Conde, no concello de Sarria (expediente 72/78).

 

BOP A Coruña 25 de agosto (137)

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

Expropiacións.- Resolución do 4 de agosto de 2020 do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña, pola que se acorda realizar o pagamento dos mutuos acordos por expropiación para a obra clave AC/10/094.02.1.2 no concello de Sobrado dos Monxes.

 

BOP Pontevedra 25 de agosto (163)

COMUNIDAD DE REGANTES DE LA LEVADA DE PORTOMUROS – PIÑEIRO

Asamblea.- Convocatoria asemblea constituínte dunha comunidade de regadores en Piñeiro. Covelo Pontevedra

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias