NORMATIVA DO 1 DE SETEMBRO DE 2020

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 1 de setembro (177)

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Impacto ambiental.- Anuncio do 12 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental da planta de valorización de residuos, principalmente residuos da construción e demolición, plásticos e cartóns, nas parroquias de Godos e Saiar, concello de Caldas de Reis (expediente 2019/0145).

AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS

Expropiacións.- Anuncio do 12 de agosto de 2020, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se notifican o trámite de audiencia e as resolucións de recoñecemento de dereitos de cobramento efectuados no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra da vía de alta capacidade Carballo-Berdoias, no concello de Coristanco, por enderezo descoñecido ou incorrecto.

 

BOP A Coruña 1 de setembro (142)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL

Concesións.- Concesión definitiva do Programa: FOIEV.

Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación. A Coruña

Convocatoria.- Convocatoria Programa Competitividad Turística 2020 – Cámara de Comercio A Coruña.

 

BOP Ourense 1 de setembro (200)

II. ADMINISTRACIÓN XERAL DO ESTADO

Expropiacións.- Información pública do expediente de expropiación forzosa das obras do Proxecto básico de ampliación de zonas de acceso da liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia entre Pedralba de la Pradería-Ourense. (Páx. 2)

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias