DOG 3 de setembro (179)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Axudas Silvícolas. Ampliación orzamentaria.- Orde do 27 de agosto de 2020 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión das axudas da Orde do 23 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento MR605A). (Extracto)
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Instalación eléctrica.- Resolución do 12 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ponte Caldelas (expediente IN407A 2020/050-4).