UUAA PIDE AO MINISTERIO QUE NON MERQUE LEITE DE SALDO

Os recentes prezos de adxudicación contradín a norma de Cadea Alimentaria

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2020.- Unións Agrarias solicita do Ministerio de Agricultura a modificación das bases da poxa para a adquisición de leite con destino aos bancos de alimentos, de xeito que sexan rexeitadas as ofertas por debaixo dos custos de produción.

A organización lamenta que o Fondo Español de Garantía Agraria (Fega), organismo público encargado de licitar o concurso e realizar a compra, teña adxudicado á firma portuguesa Lactogal a adquisición de 35 millóns de litros de leite a un prezo unitario de 40 céntimos.

UUAA entende que a condicionalidade comunitaria dos fondos do proxecto impide limitar a empresas nacionais o concurso; pero non impide que o prezo que se pague sexa o estipulado polo propio Ministerio como referencia para cubrir custos de produción en toda a cadea de valor.

Se desde as administracións non aplican con rigor as propias normas que eles mesmo ditan, pouco se pode esixir logo a aquelas empresas que fan da venda a perdas o seu modus operendi para condicionar o mercado e fomentar baixadas nos prezos do leite en orixe.

Polo tanto, Unións Agrarias fai un chamamento para que na vindeira convocatoria do concurso non se dea prioridade unicamente á oferta económica e se inclúan parámetros ambientais como a proximidade entre produtores e industrias.

A organización agraria non descartaría, de repetirse o esperpento desta convocatoria, ter que denunciar na AICA (Axencia de información e control alimentario) unha venta fraudulenta como a citada para que sexa sancionado o propio Ministerio.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias