NORMATIVA DO 17 DE SETEMBRO DE 2020

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 17 de setembro (189)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

COVID-19. Curso académico.- Orde do 16 de setembro de 2020 pola que se ditan instrucións sobre o comezo do curso académico 2020/21 e pola que se modifica a Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Expropiacións.- Acordo do 3 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2019/172-1).

Expropiacións.- Acordo do 4 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2019/219-1).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Concentración parcelaria.- Anuncio do 3 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a Resolución do 3 de febreiro de 2020, ditada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, en relación co expediente da zona de concentración parcelaria de Acevedo-Milmanda (Celanova-Ourense).

Concentración parcelaria.- Anuncio do 3 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, de notificación do inicio dos trámites de audiencia en relación co expediente de concentración parcelaria de Acevedo-Milmanda (Celanova-Ourense).

Concentración parcelaria.- Anuncio do 4 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Parada II (Ordes-A Coruña) para seren notificados por comparecencia de modificacións do acordo de concentración da zona.

CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS

Xestión de biomasa.- Anuncio de requirimento de xestión da biomasa (expediente 1409/2020).

Xestión de biomasa.- Anuncio de requirimento de xestión da biomasa (expediente 1387/2020).

Xestión de biomasa.- Anuncio de requirimento de xestión da biomasa (expediente 1781/2020).

Xestión de biomasa.- Anuncio de requirimento de xestión da biomasa.

Xestión de biomasa.- Anuncio de notificación colectiva para a xestión da biomasa a titulares aos que non foi posible efectuar a comunicación.

BOP A Coruña 17 de setembro (154)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Concesión provisional. FOAXE-P.- Resolución pola que se aproba a concesión provisional de subvencións correspondentes ao programa foaxe-c: convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de centros de servizos sociais no ano 2020.

CÁMARA OFICIAL DE COMERCIO, INDUSTRIA, SERVICIOS Y NAVEGACIÓN. A CORUÑA

Convocatoria.- Convocatoria Programa TICCámaras 2020 – Cámara de A Coruña.

Convocatoria.- Convocatoria Programa Xpande 2020 – Cámara Comercio A Coruña.

 

BOP Pontevedra 17 de setembro (179)

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Expropiacións.- Resolución do 4 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de declaración de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación da instalación eléctrica que se describe no concello da Estrada (expediente IN407A 2019/088-4).

Expropiacións.- Resolución do 4 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de declaración de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación da instalación eléctrica que se describe no concello de Meis (expediente IN407A 2019/090-4).

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias