NORMATIVA DO 18 DE SETEMBRO DE 2020

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

BOE 18 de setembro (249)

III. OTRAS DISPOSICIONES

MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y ALIMENTACIÓN

Convenios.- Resolución de 7 de septiembre de 2020, de la Dirección General de la Industria Alimentaria, por la que se publica el Convenio con la Federación Española de Asociaciones de Productores Exportadores de Frutas y Hortalizas, para la promoción de la producción y calidad de las frutas, hortalizas, flores y plantas vivas españolas en los mercados internacionales, a través de asistencia y desarrollo de actuaciones de promoción en ferias en los años 2020 y 2021.

Seguros agrarios combinados.- Orden APA/858/2020, de 9 de septiembre, por la que se definen los bienes y rendimientos asegurables, las condiciones técnicas mínimas de cultivo, el ámbito de aplicación, los periodos de garantía, las fechas de suscripción y los precios unitarios del seguro base con garantías adicionales para uva de vinificación en la Península y en la Comunidad Autónoma de las Illes Balears, comprendido en el cuadragésimo primer Plan de Seguros Agrarios Combinados.

 

DOG 18 de setembro (190)

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO

Xunta de Galicia.- Decreto 129/2020, do 17 de setembro, polo que se establecen os órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia.- Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia.

CONSELLERÍA DE SANIDADE

COVID-19. Medidas de prevención.- Orde do 17 de setembro de 2020 sobre modificación de determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Cesamentos.- Decreto 137/2020, do 17 de setembro, polo que se dispón que cese Miguel Ángel Pérez Dubois como director xeral de Desenvolvemento Rural.

Cesamentos.- Decreto 138/2020, do 17 de setembro, polo que se dispón que cese Manuel Rodríguez Vázquez como director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria.

Nomeamentos.- Decreto 155/2020, do 17 de setembro, polo que se nomea directora xeral de Desenvolvemento Rural a Inés Santé Riveira.

Nomeamentos.- Decreto 156/2020, do 17 de setembro, polo que se nomea director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria a José Luis Cabarcos Corral.

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Concesións.- Resolución do 4 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 30 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións en materia de ecoinnovación comercial e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CO300D).

CONSELLERÍA DE SANIDADE

COVID-19.- Resolución do 16 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Saúde Pública, na cal se determinan os territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios.

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

Domótica enerxética.- Resolución do 14 de setembro de 2020 sobre ampliación do prazo establecido no artigo 23 da Resolución do 28 de abril de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos e a implantación de domótica enerxética, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2020 (Diario Oficial de Galicia número 99, de 25 de maio).

CONCELLO DE CULLEREDO

Xestión de biomasa.- Anuncio de requirimento de xestión da biomasa (expediente UME/2019/685).

DOG 18 de setembro (190-BIS)

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

Medidas de prevención COVID-19. Ourense.- Orde do 18 de setembro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 en determinadas rúas do concello de Ourense.

Medidas de prevención COVID-19. Verín.- Orde do 18 de setembro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no concello de Verín.

Medidas de prevención COVID-19. Arteixo.- Orde do 18 de setembro de 2020 sobre levantamento das medidas de prevención específicas no concello de Arteixo como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no dito concello.

Medidas de prevención COVID-19. A Guarda e O Rosal.- Orde do 18 de setembro de 2020 sobre levantamento das medidas de prevención específicas nos concellos da Guarda e O Rosal como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 nos ditos concellos.

 

BOP Lugo 18 de setembro (215)

ÁREA DE ARTESANÍA E DESEÑO

Convocatoria.- Bases da convocatoria para a inscrición, admisión e selección dos e das artesás participantes na mostra de artesanía “Artesanfroilán 2020”, da área de deportes, artesanía e deseño e memoria histórica.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias