NORMATIVA DO 2 DE OUTUBRO DE 2020

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOGA 2 de outubro (200)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

Expropiacións.- Decreto 167/2020, do 17 de setembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado de actualización do proxecto do ramal de conexión entre a AG-53 e a N-525 en Dozón (PO/12/132.01), de clave PO/19/027.01, no concello de Dozón (Pontevedra).

 

BOP A Coruña 2 de outubro (165)

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Instalacións.- Resolución do 28 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Pontedeume (expediente-e.: IN407A 2015/183-1).

Instalacións.- Resolución do 28 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Boqueixón (expediente-e.: IN407A 2020/108-1).

Instalacións.- Resolución do 28 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ortigueira (expediente-e.: IN407A 2020/114-1).

Instalacións.- Acordo do 28 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Vilarmaior (expediente IN407A 2020/128-1).

CONCELLO FERROL

Convocatoria.- Bases reguladoras do programa de subvencións para a promoción e fomento da Cultura dende as asociacións culturais de Ferrol para o ano 2020..

Obxecto: establecer as normas para a solicitude, concesión, xustificación e pagamento do programa de subvencións que convoca, en réxime de concorrencia competitiva, a Concellería de Cultura do Concello de Ferrol para a promoción e fomento da Cultura dende as Asociacións Culturais de Ferrol para o ano 2020.

Beneficiarios: Asociacións Culturais de Ferrol

Plazo de presentación solicitudes: 23/10/2020

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias