NORMATIVA DO DIA 21 DE OUTUBRO DE 2020

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais. Destacado as publicacións no DOGA

BOE 21 de outubro (278)

III. OTRAS DISPOSICIONES

MINISTERIO DE IGUALDAD

Concesión.- Orden IGD/980/2020, de 16 de octubre, por la que se convoca la concesión del distintivo Igualdad en la Empresa correspondiente al año 2020, y se establecen sus bases reguladoras.

 

 

DOGA 21 de outubro (212)

III. OTRAS DISPOSICIONES

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Convocatoria.- Orde do 16 de outubro de 2020 pola que se modifica a Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2020 e 2021 das axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos en concellos incluídos na Rede Natura 2000, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MT814A), modificada pola Orde do 17 de agosto de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 169, do 21 de agosto).

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

Formación dixital.- Resolución do 14 de outubro de 2020 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a IX Xornada de formación práctica dixital (E-martes).

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Ampliación de prazo.- Resolución do 14 de outubro de 2020 pola que se amplían o prazo máximo de execución e o de presentación da solicitude de cobramento establecidos na Resolución do 15 de xuño de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos dos comercios retallistas galegos para contribuír á reactivación do comercio galego garantindo a seguridade laboral e a xeración de confianza no consumidor, susceptibles de financiamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG524C).

Ampliación de prazo.- Resolución do 14 de outubro de 2014 de 2020 pola que se amplían o prazo máximo de execución e o de presentación da solicitude de cobramento establecidos na Resolución do 15 de xuño de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de empresas galegas para garantir a seguridade laboral e xerar confianza no consumidor, susceptibles de cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG524D).

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Expropiacións.- Anuncio do 6 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN661A 2018/1-1, no concello de Ponteceso.

Expropiacións.- Anuncio do 6 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN661A 2010/5-1, no concello de Vimianzo.

Expropiacións.- Anuncio do 6 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2019/219-1, no concello da Laracha.

 

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Autorización.- Anuncio do 7 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Jaime Opazo Blanco y Otros, S.C. para unha explotación porcina de ceba de porcos situada en Parada de Ribeira, no concello de Xinzo de Limia (Ourense) (expediente 2019-IPPC-M-67).

 

BOP Pontevedra 21 de outubro (203)

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

Expropiacións.- Resolución do 5 de outubro de 2020, do Servizo Provincial de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-531. Treito Devesa-Bretoña. Puntos quilométricos 6+200-10+250, de clave PO/16/261.06, no concello de Pontevedra.

Expropiacións.- Resolución do 5 de outubro de 2020, do Servizo Provincial de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de fomento da mobilidade sustentable, senda na PO-551. Treito Bagüín- Seixo, puntos quilométricos 2+900 – 3+700, de clave PO/16/265.06., no concello de Marín.

Expropiacións.- Resolución do 5 de outubro de 2020, do Servizo Provincial de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción: fomento da mobilidade sustentable, senda na PO-551, treito Trasouto-Alto da Portela-CG-4.1, puntos quilométricos 12+720-14+440, de clave PO/16/267.06, no concello de Bueu.

Expropiacións.- Resolución do 5 de outubro de 2020, do Servizo Provincial de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria (MSV) no contorno de treitos de concentración de accidentes na estrada PO-551, puntos quilométricos 29+000 a 32+700, coa clave PO/17/149.06, no concello de Moaña.

CONCELLO DE CAMBADOS

Convovatoria.- Convocatoria pública de subvenciones municipales a entidades sin fines de lucro para el año 2020.

Convocatoria.- Convocatoria del programa de ayudas municipales a la promoción económica del Ayuntamiento de Cambados 2020.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias