NORMATIVA DO DIA 22 DE OUTUBRO DE 2020

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais. Destacado as publicacións no DOGA

 

DOUE 22 de outubro

LEGISLACIÓN (L351)

Peste Porcina Africana.- Decisión de ejecución (UE) 2020/1535 de la Comisión de 21 de octubre de 2020 por la que se modifica el anexo de la Decisión de Ejecución 2014/709/UE, sobre medidas de control zoosanitarias relativas a la peste porcina africana en determinados Estados miembros.

DOGA 22 de outubro (213)

III. OTRAS DISPOSICIONES

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL

Convocatorias COVID-19.- Orde do 16 de outubro de 2020 pola que se convocan para o ano 2020 as axudas pola crise sanitaria do COVID-19 no sector da flor cortada e da planta ornamental (código de procedemento MR436D).

Código de prodedemento: MR436D

Obxeto: Convocar para o exercicio orzamentario 2020, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas pola crise sanitaria do COVID-19 no sector da flor cortada e da planta ornamental.

Prazo de presentación: Finalizará o 5 de novembro de 2020.

Beneficiarios: Titulares de explotacións de flor cortada ou planta ornamental e que acrediten a destrución de produción entre o 14 de marzo e o 20 de xuño de 2020, ambos inclusive.

Convocatoria COVID-19 Extracto.- Extracto da Orde do 16 de outubro de 2020 pola que se convocan para o ano 2020 as axudas pola crise sanitaria do COVID-19 no sector da flor cortada e da planta ornamental (código de procedemento MR436D).

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Expropiacións.- Acordo do 29 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Mañón (expediente IN407A 2019/249-1).

Instalacións.- Resolución do 8 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do proxecto do parque eólico Coto das Airas, sito nos concellos da Lama e Fornelos de Montes da provincia de Pontevedra (expediente IN408A 2018/08).

Instalacións.- Resolución do 8 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do proxecto do parque eólico Alto de Montouto, sito nos concellos da Cañiza e Covelo da provincia de Pontevedra (expediente IN408A 2017/18).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Montes.- Anuncio do 6 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 24 de outubro de 2019 polo que se modifica a declaración da condición de utilidade pública, e a conseguinte exclusión e incorporación de superficies no Catálogo de montes de utilidade pública de parte do monte da Ruña, número 103-K, no concello de Mazaricos (A Coruña).

BOP Lugo 22 de outubro (242)

CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS

Convocatoria.– Bases e convocatoria para a concesión de subvencións a asociacións culturais, lúdicas, recreativas ou formativas inscritas no rexistro municipal de asociacións para actividades realizadas no exercicio 2020.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias