NORMATIVA DO DIA 16 DE DECEMBRO DE 2020

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

BOE 16 DE DICIEMBRE (327)

V. ANUNCIOS

MINISTERIO DE INDUSTRIA, COMERCIO Y TURISMO

Proyecto “Industria conectada 4.0”.- Extracto de la Resolución de 11 de diciembre de 2020 de la Fundación EOI, F.S.P., por la que se aprueba la convocatoria para la concesión de ayudas dirigidas a impulsar la transformación digital de la industria española en el marco del Proyecto “Industria Conectada 4.0”.

 

DOGA 16 DE DECEMBRO (252)

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Información pública.- Acordo do 30 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación Marís número 7134, situado no concello de Frades (A Coruña), promovido pola sociedade Explotación de Rocas Industriales y Minerales, S.A. (Erimsa).

Información pública.- Anuncio do 19 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a solicitude de ampliación da declaración de condición minero-medicinal e termal das augas captadas no pozo denominado Pozo 3 no Balneario da Brea, no concello de Vila de Cruces.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Edicto do 26 de novembro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ouzal a favor dos veciños/as da parroquia de Bangueses (San Miguel), no concello de Verea.

CMVMC.- Edicto do 26 de novembro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Pereiro, a favor dos veciños/as de Santa Comba, na parroquia de Santa Comba (San Trocado), no concello de Bande (Ourense).

CMVMC.- Edicto do 26 de novembro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Desteriz, a favor dos/das veciños/as de Desteriz, no concello de Padrenda.

CMVMC.- Edicto do 26 de novembro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunal de Almoite, a favor dos/das veciños/as da parroquia de Almoite (Santa María), Betán (San Martiño) e Baños de Molgas (San Salvador), no concello de Baños de Molgas (Ourense).

 

BOP A Coruña 16 DE DECEMBRO (215)

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Expropiacións.- Acordo do 4 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica, no concello e Oza-Cesuras (expediente IN407A 2020/43-1).

Instalacións.- Resolución do 7 de decembro do 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente-e.: IN407A 2020/111-1).

 

BOP Lugo 16 DE DECEMBRO (288)

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Instalacións.- Resolución do 21 de outubro de 2020 da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (exp. 2020/13 AT).

CONCELLO DE XOVE

Convocatoria.- Extracto da resolución de Alcaldia Nº 2020-0764 de 26 de Novembro de 2020 pola que se aproba a convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva e tramitación anticipada das axudas a explotacións gandeiras de gando vacún do Concello de Xove para o exercicio 2021.

Código de procedemento: BDNS (Identif.): 537210

Obxeto: compensar ós titulares de explotacións gandeiras de gando vacún sitas no concello por pérdidas derivadas da morte da reses correspondente ao exercicio de 2021

Prazo de presentación: As solicitudes deberán presentarse antes de que transcurran 2 meses dende a data da morte do animal obxecto de axuda.

Beneficiarios: explotacións gandeiras de gando vacún sitas no concello e rexistradas no censo municipal que a tal efecto elaborará a Concellalía de Agricultura, Gandeiría e Monte.

BOP Pontevedra 16 DE DECEMBRO (242)

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

Expropiacións.- Resolución do 24 de novembro de 2020, do Servizo Provincial de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado de actualización do proxecto do ramal de conexión entre a AG-53 e a N-525 en Dozón (PO/12/132.01), de clave PO/19/027.01, no concello de Dozón.

CONCELLO DE REDONDELA

Convocatoria.- Modificación del extracto de la Resolución de 28 de mayo de 2020 por la que se aprueba la concesión de subvenciones dirigidas al mantenimiento de los sectores económicos por el COVID-19 del Ayuntamiento de Redondela por ampliación del plazo de justificación.

Código de procedemento: BDNS(Identif.):508977.

Obxeto: prestaciones económicas no periódicas a través de las cuales se pretende dar respuesta a las situaciones provocadas en el comercio local por la declaración del estado de alarma ante la crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19.

Prazo de presentación: Ata o 8 de enero.

Beneficiarios: Personas físicas y jurídicas, así como las comunidades de bienes, sociedades civiles u otras entidades económicas sin personalidad jurídica legalmente constituidas que lleven a cabo las actividades empresariales que cumplan determinados requisitos que se recogen en las bases.

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias