UUAA DENUNCIA O COLAPSO POR FALTA DE PERSOAL NA OFICINA AGRARIA COMARCAL DE CASTROVERDE

A deficiencia no servizo prexudica a máis de 500 explotacións

Lugo, 22 de decembro de 2020.- Unións Agrarias demanda unha dotación de persoal administrativo suficiente para a oficina agraria comarcal de Castroverde, que leva desde o pasado mes de marzo sen técnico fixo. Unha situación que está a provocar constates queixas por parte dos agricultores e gandeiros debido ás deficiencias e retrasos na atención e na tramitación de expedientes.

Ata hai un mes a oficina de Castroverde estaba atendida unicamente os mércores por un técnico que se desprazaba desde Lugo, pero agora xa nin iso. Ademais, tan so queda un administrativo; o que supón que cando este colle vacacións as persoas que precisan rexistrar un escrito non poden facelo ata que estea de volta.

Chama poderosamente a atención que durante a presentación do Plan Lácteo o pasado mes de novembro o conselleiro de Medio Rural anunciara o reforzamento das oficinas agrarias como mecanismo da mellora da competitividade das explotacións, cando a realidade indica todo o contrario.

A oficina comarcal de Castroverde atende tamén aos produtores do concello de Baleira; unha zona que suma máis de 500 explotacións e que se sitúa á cabeza de Galicia en producións gandeiras.

Todo este motor económico ten na Oficina Agraria de Castroverde un atranco grave que prexudica a viabilidade das granxas, xa que a través dela fanse unha gran parte dos trámites burocráticos e técnicos que axudan a manter actualizados os libros e contas das explotacións, como son: a tramitación de subvencións, inspeccións e visitas técnicas, certificacións, servizos de aconsellamento.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias