NORMATIVA DO DIA 4 DE XANEIRO DE 2021

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOGA 4 DE XANEIRO (1)

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Expropiacións.- Acordo do 4 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Oza-Cesuras (expediente IN407A 2020/43-1).

Instalacións.- Resolución do 18 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción a instalacións eléctricas no concello da Veiga (expediente IN407A 2020/057-3).

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Revisión autorización ambiental.- Anuncio do 10 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a resolución pola que se revisa a autorización ambiental integrada 2004/0071_AIA/IPPC_022 outorgada a Aviporto, S.L.

Revisión autorización ambiental.- Anuncio do 14 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Sociedad Cooperativa Unimiño, S.C.G. para unha explotación avícola de galiñas reprodutoras en Vales, concello de Amoeiro (Ourense) (expediente 2019-IPPC-M-76).

Informe impacto ambiental.- Anuncio do 15 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación de explotación de vacún de leite na parroquia de Abellá, no concello de Frades (expediente 2020/0198).

 

BOP Pontevedra 4 DE XANEIRO (1)

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Instalacións.- Resolución do 15 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Redondela. (exepediente IN407A 2020/214-4).

Instalacións.- Resolución do 15 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Mos. (exepediente IN407A 2020/216-4).

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias