NORMATIVA DO DIA 11 DE XANEIRO DE 2021

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais. Destacado no DOGA a publicación das órdenes polas que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas polos danos producidos polo lobo e o xabaril e se convocan para o ano 2021.

DOUE 11 DE XANEIRO

LEGISLACIÓN (L7)

REGLAMENTOS

Producción ecológica.- Corrección de errores Corrección de errores del Reglamento (UE) 2018/848 del Parlamento Europeo y del Consejo, de 30 de mayo de 2018, sobre producción ecológica y etiquetado de los productos ecológicos y por el que se deroga el Reglamento (CE) n.o 834/2007 del Consejo.

LEGISLACIÓN (L8)

DECISIONES

Gripe aviar.- Decisión de ejecución (UE) 2021/18 de la Comisión de 8 de enero de 2021 por la que se modifica el anexo de la Decisión de Ejecución (UE) 2020/1809, sobre algunas medidas de protección en relación con los brotes de gripe aviar de alta patogenicidad en determinados Estados miembros.

DOGA 11 DE XANEIRO (5)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Axudas danos lobo.- Orde do 16 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MT809B).

Código de procedemento: MT809B

Obxeto: establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras afectadas polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións,

Ámbito temporal: Esta orde comprende as axudas para os danos producidos polo lobo que se comuniquen desde o 1 de outubro de 2020 ata o 30 de setembro de 2021

Beneficiarios: persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando que se especifica no anexo I e que fose afectado por ataques de lobos dentro da comunidade autónoma.

Extracto.- Extracto da Orde do 16 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MT809B).

Axudas danos xabaril.- Orde do 17 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MT809E).

Código de procedemento: MT809E

Obxeto: establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas afectadas polos danos causados nos seus cultivos agrícolas polo xabaril.

Ámbito temporal: danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas que se comuniquen desde o 11 de outubro de 2020 ata o 10 de outubro de 2021.

Beneficiarios: As persoas, físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias onde se constaten os danos aos cultivos agrícolas producidos polo xabaril, inscritas no REAGA; As persoas, físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias de autoconsumo onde se constaten os danos aos cultivos agrícolas producidos polo xabaril.

Extracto.- Extracto da Orde do 17 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MT809E).

CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

Concesión.- Resolución do 14 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero no ámbito de colaboración coas entidades locais galegas, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento SI461A).

Código de procedemento: SI461A

Obxeto: o establecer as bases reguladoras e convocar, para o ano 2021, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións destinadas a financiar a contratación por parte das entidades locais galegas de mulleres que sofren violencia de xénero

Prazo de presentación: 11 de febreiro

Persoas destinatarias: mulleres que sofren violencia de xénero inscritas como demandantes de emprego ou como mellora de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Extracto.- Extracto da Resolución do 14 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero no ámbito de colaboración coas entidades locais galegas, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento SI461A).

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Instalacións.- Resolución do 11 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Carballeda de Avia (expediente IN407A 2020/61-3).

Instalacións.- Resolución do 11 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Carballiño (expediente IN407A 2020/60-3).

Instalacións.- Resolución do 14 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilamarín (expediente IN407A 2020/058-3).

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Solicitude autorización ambiental.- Anuncio do 9 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental da ampliación dunha granxa de porcos no concello de Lousame.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Montes Veciñais en Man Común.- Anuncio do 17 de decembro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do recurso de reposición contra a clasificación do monte denominado Alvelle-parcela R, solicitado a favor dos veciños da comunidade de montes veciñais en man común de Santiago de Oliveira, concello de Ponteareas (Pontevedra).

BOP A Coruña 11 DE XANEIRO (5)

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Instalacións.- Acordo do 30 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos de Carballo, A Laracha e Arteixo (expediente IN407A 2008/71-1).

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Programa FO214/2021.- Correción das bases do programa FO214/2021.

Programa FO203/2021.- Corrección erro Programa FO203/2021.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias