DOGA 12 DE XANEIRO (6)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Fauna silvestre. Prevención de danos.- Orde do 22 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MT809D).
Código de procedemento: MT809D
Obxeto: Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas titulares de explotacións agrícolas e/ou gandeiras afectadas polos ataques de especies de fauna silvestre (lobo, oso e xabaril), coa finalidade de fomentar a aplicación de medidas de protección. Prazo de presentación: Ata o 12 de febrero. Beneficiarios: 1.- Danos ocasionados polo lobo e oso: Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza Celta, equino e apícola inscritas no REGA. 2.- Prevención de danos ocasionados polo xabaril.: físicas ou xurídicas que exercen a actividade agraria e estean inscritas no (Reaga); As explotacións agrarias destinadas ao autoconsumo |
Extracto.- Extracto da Orde do 22 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MT809D).
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE
Expropiacións.- Decreto 231/2020, do 17 de decembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción denominado Reforma da intersección do punto quilométrico 6+000 da AC-840 en Oza-Cesuras, de clave AC/18/137.06, no concello de Oza-Cesuras (A Coruña).
Expropiacións.- Decreto 232/2020, do 17 de decembro, polo que se declara en concreto a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-840, Porzomillos-Oza dos Ríos, puntos quilométricos 5+444-6+729, de clave AC/18/162.06, no concello de Oza-Cesuras (A Coruña).
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE
Axudas a universitarios. Convocatoria.- Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2020/21 ou por unha situación derivada da COVID-19, teña dificultades económicas para continuar estudos (código de procedemento ED433A).
Código de procedemento: ED433A
Obxeto: Establecer as bases reguladoras e convocar axudas destinadas ao alumnado matriculado en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, no curso académico 2020/21, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, cunha necesidade urxente de recursos económico Prazo de presentación: En función de cando aconteceu as causas sobrevidas ou consecuencia da Covid o prazo varía. Causas antes da publicación da orde: Ata o 12 de febrero e, causas posterior a publicación o prazo é ata o 31 de xulio. Beneficiarios: Alumnado universitario que cumpra con: 1.- Causas sobrevidas no curso académico 2020/21 (ver na Orde). 2.- Causas xurdidas como consecuencia da COVID-19. (Ver na Orde) 3 Requisitos de carácter Xeral (Ver na Orde). |
Extracto.- Extracto da Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2020/21 ou por unha situación derivada da COVID-19, teña dificultades económicas para continuar estudos (código de procedemento ED433A).
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Convocatoria.- Orde do 23 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas para o período 2019-2023, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2021 (código de procedemento MR361A).
Código de procedemento: MR361A
Obxeto: Establecer as bases reguladoras para a concesión, das axudas para a execución de medidas de investimentos no sector vitivinícola en Galicia establecidas no programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español. Prazo de presentación: 29 de xaneiro de 2021 Beneficiarios: As empresas vitivinícolas, organizacións de produtores vitivinícolas, asociacións de dous ou máis produtores, con personalidade xurídica, organizacións interprofesionais. |
Extracto.- Extracto da Orde do 23 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas para o período 2019-2023, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2021 (código de procedemento MR361A).
VI. ANUNCIOS
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
Instalacións.- Resolución do 15 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2020/216-4).
Instalacións.- Resolución do 15 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2020/214-4).
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Autorización ambiental.- Anuncio do 16 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade da resolución pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Ahora Granxa de Sara, S.C., para unha explotación porcina de cebo no concello de Sarria (expediente 2017-IPPC-I-38).
Revisión autorización ambiental.- Anuncio do 28 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Pérez Rúa, C.B., para unha explotación de ceba de porcos situada no concello de Sarreaus (expediente 2019-IPPC-M-68).
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
CMVMC.- Edicto do 16 de decembro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 15 de decembro de 2020, relativa á revisión parcial do esbozo do monte veciñal en man común Acevedo, Porriño, Conchada, Bidueiros e Feal, pertencente á comunidade de montes vecinais en man común de Moreiras e Trelle, no concello de Toén.
Concentración parcelaria.- Anuncio do 17 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lles notifica a varios propietarios/as a Resolución do 8 de novembro de 2020 ditada pola directora xeral de Desenvolvemento Rural, en relación co expediente da zona de concentración parcelaria de Guillamil-Sabariz (Rairiz de Veiga-Vilar de Santos-Ourense).
Concentración parcelaria.- Anuncio do 17 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Buscás II (Ordes-A Coruña), para seren notificados por comparecencia dun trámite de audiencia pola revisión gráfica e documental.
Concentración parcelaria.- Anuncio do 18 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifican varias resolucións como consecuencia de varios recursos de alzada interpostos contra o acordo da zona de concentración parcelaria do Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas-Ourense).
AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS
Expropiacións.- Resolución do 23 de decembro de 2020, do Servizo Provincial de Ourense, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación e formalización de actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción da mellora da seguridade viaria na OU-105 (Seixalbo), 2ª fase, de clave OU/18/094.06, no concello de Ourense.
Expropiacións.- Anuncio do 23 de decembro de 2020, do Servizo Provincial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente de expropiación forzosa para a obra de mellora da seguridade viaria na OU-105 (Seixalbo), 2ª fase, de clave OU/18/094.06, no concello de Ourense.
BOP A Coruña 12 DE XANEIRO (6)
CONCELLO DE RIBEIRA
Calendario do contribuínte.- Calendario do contribuínte 2021.
BOP Ourense 12 DE XANEIRO (8)
CONCELLO DE BAÑOS DE MOLGAS
Concesións.- Aprobación de las bases reguladoras de las ayudas económicas para responder al impacto provocado por el COVID-19 en empresas y autónomos [3303/2020]. (Páx.2).