Santiago de Compostela, 13 de xaneiro.– A Consellería de Medio Ambiente anuncia un orzamento de 2,6 millóns de euros para cubrir tanto as indemnizacións dos danos causados pola fauna salvaxe como os investimentos para previr os mesmos. Unha cantidade que para a organización Unións Agrarias resulta claramente insuficiente para os produtores que ao logo do último ano sufriron perdas de máis de 14 millóns de euros por esta causa.
Na orde que ven de aparecer no DOG concrétase unha redución de case 400.000 euros da convocatoria do 2020 (ano electoral) sobre o 2021 o que significa a perda dun 12% de investimento sobre unha partida xa de por si moi escasa e que non representa máis que un pequeno parche a unha situación que está totalmente desmandada; e que durante o pasado ano afectou a todo tipo de producións como vides, prados, millo ou castaña no caso do xabaril; e gando bovino e ovino no caso do lobo. Un catálogo de afectacións que cubre toda Galicia e que precisa dun inmediato e decisivo incremento no control das mandas; do contraroio, en pouco tempo xa será moi complicado poñer freo á expansión.
Neste sentido a caza social galega ten o papel fundamental de controlar as poboacións de fauna cinexética para evitar a súa proliferación excesiva e evitar danos na agricultura a na gandería; así como para preservar a seguridade nas estradas e mesmo outros danos nos ecosistemas. Hai que lembrar que fauna salvaxe constitúe ademais un serio risco de propagación de enfermidades capaces de afectar á cabana gandeira da que depende, máis aínda nestes tempos de pandemia, a alimentación dos galegos e de boa parte de España. Doenzas como pode ser a afección da tuberculose do gando no gando vacún ou o a peste porcina africana que, de trasladarse á ás granxas, produciría efectos catastróficos no sector cárnico de porcino.
A caza é especialmente importante no caso das poboacións de xabaril, xa que este animal é capaz de dobrar a súa poboación nun ano en ausencia de presión cinexética. De facto, eesta especie está a proliferar nos últimos anos, con cuantiosos danos nos prados, cultivos forraxeiros como o millo, nas hortas familiares e nas colleitas de castaña e uva. Unha limitación do esforzo de caza debido a un menor número de días hábiles para practicala pode dar lugar a situacións insostibles en moitas comarcas na próxima campaña produtiva.