NORMATIVA DO DIA 18 DE XANEIRO DE 2021

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais. Destacado no DOGA as publicaciones das convocatorias de subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica y proxectos de enerxías renovables, de uso térmico, dirixidas a particulares, para o ano 2021.

DOGA 18 DE XANEIRO (10)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

Convocatoria.- Resolución do 28 de decembro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares para o ano 2021 (código de procedemento IN421O).

Código de procedemento: IN421O

Obxeto: Aprobar as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica, para o exercicio 2021.

Prazo de presentación: O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 3 de marzo, ás 9.00 horas, e finalizará o 1 de xullo de 2021.

Beneficiarios: Persoas particulares.

Extracto.- Extracto da Resolución do 28 de decembro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares para o ano 2021 (código de procedemento IN421O).

Convocatoria.- Resolución do 28 de decembro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxías renovables, de uso térmico, dirixidas a particulares, para o ano 2021 (código de procedemento IN421P).

Código de procedemento: IN421P.

Obxeto: Aprobar as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxías renovables de uso térmico, para o exercicio 2021.

Prazo de presentación: O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará segundo a tipoloxía do proxecto nas seguintes datas: − Biomasa: o 1 de marzo de 2021 ás 9.00 horas. − Aerotermia: o 2 de marzo de 2021 ás 9.00 horas. − Xeotermia: o 5 de marzo de 2021 ás 9.00 horas. − Solar térmica: o 5 de marzo de 2021 ás 9.00 horas. O prazo de presentación de solicitudes de axuda finalizara o 1 de xullo de 2021 para todas as tipoloxías de proxectos.

Beneficiarios: Persoas particulares.

Extracto.- Extracto da Resolución do 28 de decembro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxías renovables, de uso térmico, dirixidas a particulares, para o ano 2021 (código de procedemento IN421P).

Convocatoria.- Resolución do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos para o ano 2021, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN417Y).

Código de procedemento: IN417Y

Obxeto: regular a concesión de subvencións para a realización de aforro e eficiencia enerxética nas empresas do sector industria e servizos.

Prazo de presentación: 2. O prazo de presentación de solicitudes comezará 20 de xaneiro de 2021 e concluirá o 15 de outubro de 2021.

Beneficiarios: As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídas no sector servizos ou na industria. As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía.

Extracto.- Extracto da Resolución do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos para o ano 2021, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN417Y).

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Cambio de usos.- Anuncio do 22 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de cambio de uso de forestal a agrícola de varias parcelas na parroquia do Hospital, no concello de Quiroga (expediente 2020/0189).

Revisión autorización ambiental.- Anuncio do 23 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade da resolución pola que se revisa a autorización ambiental integrada outorgada á Sociedad Cooperativa Alta Pedra, S.C.G. para a explotación avícola de engorda de polos Alta Pedra-Cortegada, situada no lugar de San Xoán, parroquia de Cortegada, no concello de Sarreaus.

CONSELLERIA DE MEDIO RURAL

Concesións.- Anuncio do 21 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se publica a resolución das axudas concedidas e desestimadas ao abeiro da Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia número 30, do 13 de febreiro).

 

BOP A Coruña 18 DE XANEIRO (10)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE A CORUÑA

Programa FO207/2021.- Aprobación das bases do programa FO207/2021.

Programa FO223/2021.- Aprobación das bases do programa FO223/2021.

 

BOP Lugo 18 DE XANEIRO (13)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

Concesións.- Subvencións directas (nominativas e excepcionales) tramitadas terceiro e cuarto trimestre 2020 (PÁX. 1, R. 0063).

Concesións.- Concesión de subvencións directas de carácter excepcional tramitadas pola sección de promoción económica e emprego deste organismo provincial correspondentes ao cuarto trimestre do 2020.

 

BOP Ourense 18 DE XANEIRO (13)

CONSELLERIA DE INFRAESTRUCTURAS E MOBILIDADE

Expropiacións.- Resolución na que se sinala data para o levantamento de actas previas á ocupación e formalización de actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de mellora da seguridade viaria na OU-105 (Seixalbo), 2ª fase, de clave OU/18/094.06, no concello de Ourense.(Páx.2).

 

BOP Pontevedra 18 DE XANEIRO (10)

CONCELLO DE VIGO

Convocatoria.- Extracto convocatoria programa de axudas económicas directas de apoio para mulleres vítimas de violencia de xénero 2021 Programa de ayudas económicas directas de apoyo para mujeres víctimas de violencia de género 2021.

Código de procedemento: BDNS(Identif.):544745

Obxeto: apoyar a las mujeres en situación acreditada de violencia de género para afrontar unas necesidades derivadas principalmente de la violencia de género en el proceso de ruptura con el agresor

Prazo de presentación: 23 de diciembre de 2021.

Beneficiarios: mujeres víctimas de violencia de género, usuarias de los dispositivos municipales de atención a las mujeres del Ayuntamiento de Vigo.

CONCELLO DE RODEIRO

Convocatoria.- Convocatoria e bases específicas para a concesión de subvencións para actividades culturais desenvolvidas no ano 2020.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias