NORMATIVA DO DIA 28 DE XANEIRO DE 2021

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOUE 28 DE ENERO DE 2021

COMUNICACIONES (C31)

PROCEDIMIENTOS ADMINISTRATIVOS

Programas múltiples de subvenciones.- Convocatoria de propuestas 2021 Programas Múltiples. Subvenciones a acciones de información y de promoción relativas a productos agrícolas en el mercado interior y en terceros países de conformidad con el Reglamento (UE) n.° 1144/2014 del Parlamento Europeo y del Consejo.

 

DOGA 28 DE XANEIRO (18)

II. AUTORIDADES E PERSOAL

PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

CES Galicia cesamentos.- Decreto 13/2021, do 18 de xaneiro, polo que se dispón o cesamento dun membro do Consello Económico e Social de Galicia.

CES Galicia nomeamentos.- Decreto 14/2021, do 18 de xaneiro, polo que se dispón o nomeamento dun membro do Consello Económico e Social de Galicia.

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Convocatoria.- Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR670B).

Código de procedemento: MR670B

Obxeto: Regular as axudas para a creación de superficies forestais en terras non agrícolas e proceder á súa convocatoria para o ano 2021

Prazo de presentación: Ata o 11 de marzo de 2021

Beneficiarios: persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores, e non admite a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro.

Extracto.- Extracto da Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR670B).

FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA

Resolucións.- Resolución do 11 de xaneiro de 2021 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de axudas financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) relativas aos pagamentos directos á agricultura e gandaría reguladas na Orde do 22 de xaneiro de 2019.

Resolucion completa.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Extinción autorización ambiental.- Anuncio do 30 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade á resolución pola que se extingue a autorización ambiental integrada 2006/0396_NAA/IPPC_050 dunha explotación porcina de porcos de ceba, na Lama-Saa, concello de Dozón. Titular: Pedro Gallego Lois.

AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS

Expropiacións.- Resolución do 18 de xaneiro de 2021, do Servizo Provincial da Coruña, pola que se sinala data para o levantamento de actas previas á ocupación e formalización de actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-133, eixe sur, treito Franza-Rilo, puntos quilométricos 7+200-8+550, AC/16/071.06, no concello de Mugardos.

Expropiacións.- Resolución do 18 de xaneiro de 2021, do Servizo Provincial da Coruña, pola que se sinala data para o levantamento de actas previas á ocupación e formalización de actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de senda na AC-424, puntos quilométricos 1+150-1+400 O Couto, AC/19/073.06, no concello de Ponteceso.

 

BOP A Coruña 28 DE XANEIRO (18)

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Instalacións.- Acordo do 22 de xaneiro de 2021 da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica, no concello de Vimianzo (expediente IN661A 2007/06)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Modificación bases programas.- Modificación das bases reguladoras dos programas de subvencións fo221 e fo223 do ano 2021.

 

BOP Pontevedra 28 DE XANEIRO (18)

CONCELLO DE LALÍN

Expropiacións.- Proxecto de ocupación directa de bens e dereitos afectados pola urbanización parcial da Avda. Xosé Cuiña. Lalín.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias