NORMATIVA DO DIA 02 DE FEBREIRO DE 2021

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOGA 02 DE FEBREIRO (21)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Tecores.- Orde do 14 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para as persoas titulares de terreos cinexéticos ordenados destinadas ao fomento da riqueza e xestión dos recursos cinexéticos, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MT723A).

Código de procedemento: MT723A.

Obxetivo: O establecemento dun réxime de axudas destinadas ás persoas titulares de terreos cinexéticos ordenados (Tecor) de Galicia.

Prazo de presentación: Ata o 3 de Marzo.

Beneficiarios: Persoas titulares de terreos cinexéticos ordenados (Tecor) de Galicia, regulados no artigo 13 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, como as agrupacións destes.

Extracto.-Extracto da Orde do 14 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para as persoas titulares de terreos cinexéticos ordenados destinadas ao fomento da riqueza e xestión dos recursos cinexéticos, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MT723A).

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Expropiacións.- Cédula do 15 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución sobre a necesidade de declaración de utilidade pública e interese social, en concreto, e sobre a necesidade de ocupación dunha parcela na concesión de explotación Rodeiro número 5208.1 no termo municipal de Amoeiro (Ourense).

Expropiacións.- Anuncio do 15 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai pública a resolución sobre a necesidade de declaración de utilidade pública e interese social, en concreto, e sobre a necesidade de ocupación dunha parcela na concesión de explotación Rodeiro número 5208.1 no termo municipal de Amoeiro na provincia de Ourense.

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Informe ambiental estratéxico.- Anuncio do 15 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, no cal se fai público o informe ambiental estratéxico do Plan parcial de ordenación do solo urbanizable delimitado industrial SUDI-6, no concello de Mos (expediente 2020AAE2439).

Informe ambiental estratéxico.- Anuncio do 15 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, no cal se fai público o informe ambiental estratéxico da delimitación do núcleo rural número 01 A Ponte Rosende, no concello de Carballo (expediente 2020AAE2487).

Informe ambiental estratéxico.- Anuncio do 15 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, no cal se fai público o informe ambiental estratéxico da delimitación do solo do núcleo rural da Farrapa, no concello de Dumbría (expediente 2020AAE2488).

Proxecto de cambio de uso.- Anuncio do 18 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de cambio de uso de forestal a agrícola dunha parcela na parroquia do Sisto, no concello de Dozón (Pontevedra) (expediente 2020/0186).

 

BOP Ourense 02 DE FEBREIRO (26)

CONCELLO DE BOBORÁS

Programa de axudas.- Extracto del Programa de subvenciones para el sector de la hostelería, restauración y turismo rural del municipio de Boborás por el cierre perimetral y de la actividad no esencial decretadas en nuestro ayuntamiento por la Xunta de Galicia [109/2021]. (Páx. 4).

 

BOP Pontevedra 02 DE FEBREIRO (21)

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Instalacións.- Resolución do 27 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ponteareas (expediente IN407A 2020/126-4).

Instalacións.- Resolución do 30 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Covelo (expediente IN407A 2020/157-4).

Instalacións.- Resolución do 15 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ponteareas (expediente IN407A 2020/182-4).

 

 

 

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias