DOGA 05 DE FEBREIRO (24)
I. DISPOSICIÓNS XERAIS
CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Sucesións e doazons.- Corrección de erros. Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre sucesións e doazóns na Comunidade Autónoma de Galicia e se regulan o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria.
VI. ANUNCIOS
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
Expropiacións.- Acordo do 15 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Toques (expediente IN407A 2020/70-1).
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Informe ambiental estratégico.- Anuncio do 19 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Plan especial de infraestruturas e dotacións para equipamento en solo rústico no concello do Corgo (expediente 2020AAE2492).
Cambio de uso.- Anuncio do 19 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de cambio de uso de forestal a agrícola de varias parcelas nas parroquias de Carmoega e Cercio, nos concellos de Agolada e Lalín (expediente 2018/0206).
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
CMVMC.- Anuncio do 19 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública o procedemento de inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas do monte Serra do Eixe e do monte Mazaira, de titularidade da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Meixide, do concello da Veiga.
CMVMC.- Anuncio do 19 de xaneiro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos á revisión do esbozo do expediente 130/78 e tres máis.
Cambio de actividade.- Anuncio do 20 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 7 de xaneiro de 2021 de autorización de cambio de actividade forestal a agrícola de varias parcelas no termo municipal de Quiroga.
CMVMC.- Anuncio do 20 de xaneiro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución de clasificación de terreos adquiridos pola comunidade de Corvelle, no concello de Vilalba (expediente 86_79/2018_3).
CMVMC.- Anuncio do 20 de xaneiro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución de clasificación de terreos adquiridos pola comunidade de Pedrafita, no concello de Guitiriz (expediente 36-75/2020-16).
AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS
Bens afectados.– Anuncio do 22 de xaneiro de 2021 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado denominado Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria (MSV) na contorna do treito de concentración de accidentes (TCA) na estrada PO-551, puntos quilométricos 16+200 a 17+200, de clave PO/18/141.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto.
BOP A Coruña 05 DE FEBREIRO (24)
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
Parques eólicos.- Anuncio del Área de Industria y Energía de la Delegación del Gobierno en Galicia por el que se somete a información pública el estudio de impacto ambiental, la solicitud de autorización administrativa previa y la solicitud de reconocimiento, en concreto, de utilidad pública del “Parque Eólico Tornado de 67,2 MW y sus infraestructuras de evacuación” y del “Parque Eólico Orzar de 56 MW y sus infraestructuras de evacuación”, en la provincia de A Coruña.