DOGA 08 DE FEBREIRO (25)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE
Convocatoria. Programa Aprol. Economía Social.- Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-Economía social), e se convocan para o ano 2021 (códigos de procedemento TR802G e TR802J).
Código de procedemento: TR802G e TR802J
Obxeto: Fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras a cooperativas e sociedades laborais Prazo de presentación: Finalizará o 30 de setembro de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito Beneficiarios: As cooperativas e sociedades laborais para as actuacións previstas no programa I.( TR802G). As persoas desempregadas, socias ou traballadoras de cooperativas ou sociedades laborais ou doutras empresas que se transformen nestas, para as actuacións previstas no programa II (TR802J) |
Extracto.- Extracto da Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-Economía social), e se convocan para o ano 2021 (códigos de procedemento TR802G e TR802J).
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Concesións. Sector vitivinícola.- Resolución do 25 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 21 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento MR440D).
VI. ANUNCIOS
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
Expropiacións.- Acordo do 18 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 2020/92-1).
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
CMVMC.- Anuncio do 14 de xaneiro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución de clasificación do monte Marco, no concello de Lugo (expediente 3/2018).