AXUDAS POR SACRIFICIO OBRIGATORIO DE GANDO

Convocatoria.- Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de compensacións complementarias e axudas para a reposición dos animais en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando en execución de programas oficiais de erradicación de enfermidades, e se convocan para o ano 2021 (códigos de procedemento MR553A, MR553B e MR550A

Código de procedemento: MR553A, MR553B e MR550A

Obxecto: Establecer as bases para as axudas de compensacións complementarias en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún: período de baleiro. Código de procedemento MR553A; Axudas de compensacións complementarias en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún: período de postautorización á reintrodución. Código de procedemento MR553B; «Axudas á reposición de animais: xeral», que se atopa recollido na sede electrónica da Xunta de Galicia co código de procedemento MR550A.

Prazo de presentación: Ata o día 30 de novembro de 2021 a presentación de solicitudes. Procedimento de concesións ata o 31 de decembro.

Beneficiarios: as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que sexan titulares de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas en que se sacrificase ou destruíse de forma preventiva a totalidade do seu censo, por motivos de sospeita e/ou confirmación da presenza dalgunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación. beneficiarias das axudas para a compra de animais de reposición, as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que sexan titulares de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas, en que se ordenase o sacrificio obrigatorio de animais existentes nelas, e como consecuencia do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias