NORMATIVA DO DÍA 18 DE FEBREIRO DE 2021

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

BOE 18 DE FEBRERO (42)

I. DISPOSICIONES GENERALES

JEFATURA DEL ESTADO

Medidas urgentes.- Corrección de errores del Real Decreto-ley 3/2021, de 2 de febrero, por el que se adoptan medidas para la reducción de la brecha de género y otras materias en los ámbitos de la Seguridad Social y económico.

 

DOGA 18 DE FEBREIRO (33)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

II Plan de rescate.- Orde do 17 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da COVID-19, mediante o Programa I de persoas traballadoras autónomas (TR500A), susceptible de ser financiado parcialmente polo Fondo Social Europeo (FSE), e o Programa II de microempresas (TR500B), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

Código de procedemento: Programa I de apoio ás persoas traballadoras autónomas (TR500A). Programa II de apoio a microempresas para o mantemento do emprego e da actividade económica (TR500B)

Obxecto:Programa I. A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas, para faceren fronte á situación económica motivada pola pandemia da COVID-19, que contribúa ao mantemento da actividade económica e do emprego. Programa II. Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para apoiar o mantemento do emprego e a actividade económica das microempresas e das persoas traballadoras autónomas, sempre que teñan persoal contratado por conta allea ao seu cargo no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que tivesen unha baixada de facturación de, polo menos, o 45 %.

Prazo de presentación:Un mes, ata o 18 de marzo.

Beneficiarios:Programa I, Ver Orde. Programa II, ver Orde

Extracto.- Extracto da Orde do 17 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas afectadas pola crise da COVID-19, mediante o Programa I de persoas traballadoras autónomas (TR500A), susceptible de ser financiado parcialmente polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

Extracto.- Extracto da Orde do 17 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da COVID-19, mediante o Programa II de microempresas (TR500B), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA

Convocatoria.- Resolución do 3 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR331A).

Código de procedemento:Código de procedemento MR331A

Obxecto: aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións para a realización de accións de cooperación para a implantación de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías nos sectores agroalimentario, agrícola e forestal, e convocar estas axudas, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, para o ano 2021.

Prazo de presentación:Ata 0 18 de marzo.

Beneficiarios: a) Persoas físicas ou xurídicas e organizacións ou entidades directamente vinculadas á produción primaria en agricultura, gandaría e/ou silvicultura. Persoas físicas ou xurídicas primeiras transformadoras do sector agrario, alimentario e forestal ou da área de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal. Poderán adquirir a condición de axente cooperante: a) Persoas físicas ou xurídicas e organizacións ou entidades (ambas as dúas sen ánimo de lucro) dedicadas á produción primaria en agricultura, gandaría e/ou silvicultura, así como á transformación do sector agrario, alimentario e forestal ou da área de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal. b) Centros de investigación e experimentación da Consellería do Medio Rural e centros tecnolóxicos participados por ela, así como outros centros públicos de investigación. c) Entidades sen ánimo de lucro que promovan a investigación, a innovación e o desenvolvemento do medio rural, así como as que desenvolvan actividades de promoción, asesoramento, dinamización ou financiamento de proxectos nos ámbitos agrario ou forestal. d) Entidades asesoras na conservación ou uso sustentable dos recursos naturais. e) Outras entidades con intereses recoñecidos no ámbito rural

Extracto.- Extracto da Resolución do 3 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR331A).

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Instalacións.- Resolución do 25 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Rosal (expediente IN407A 2021/21-4).

Instalacións.- Resolución do 26 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Rodeiro (expediente IN407A 2020/198-4).

Instalacións.- Resolución do 26 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Poio (expediente IN407A 2020/197-4).

Instalacións.- Resolución do 26 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Rodeiro (expediente IN407A 2020/196-4).

Instalacións.- Resolución do 26 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Pontecesures (expediente IN407A 2020/191-4).

Expropiacións.- Resolución do 26 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construcción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2020/189-4).

Instalacións.- Resolución do 5 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Muras (expediente IN407A 2020-53 AT).

 

BOP A Coruña 18 DE FEBREIRO (32)

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Instalacións.- Resolución do 8 de febreiro do 2021 da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Bergondo (expediente-e.: IN407A 2020/215-1)

Instalacións.- Resolución do 10 de febreiro do 2021 da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Valdoviño (expediente: IN407A 2017/158-1.).

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Programa DP0031.- Extracto de la Resolución núm. 4463/2021, de 10 de febrero, de la Presidencia de la Diputación Provincial de A Coruña, por la que se aprueba la convocatoria del “Programa DP0031, de subvenciones para la cofinanciación de proyectos de actividades en el ámbito de medio ambiente durante el ejercicio 2021”

Codigo de procedemento: BDNS (Identif.): 548699.

Obxecto: Financiación de proyectos de actividades en el ámbito del medio ambiente (campañas de sensibilización, estudios, programas educativos, itinerarios pedagógicos, promoción, difusión y/o defensa de los valores ambientales, actividades de voluntariado ambiental, de protección de animales, etc.) que se realicen en el año 2021, en régimen de concurrencia competitiva.

Prazo de presentación: y finalizará a las 14:00 horas del día 22 de marzo de 2021.

Beneficiarios: Entidades privadas sin ánimo de lucro

Programa DP0036.- Extracto de la Resolución núm. 4464/2021, de 10 de febrero, de la Presidencia de la Diputación Provincial de A Coruña, por la que se aprueba la convocatoria del “Programa DP0036, de subvenciones para la cofinanciación de proyectos de inversión en el ámbito de medio ambiente durante el ejercicio 2021”.

Codigo de procedemento: BDNS(Identif.):548721.

Obxecto: Financiación de proyectos de inversión en el ámbito del medio ambiente (campañas de sensibilización, estudios, programas educativos, itinerarios pedagógicos, promoción, difusión y/o defensa de los valores ambientales, actividades de voluntariado ambiental, de protección de animales, etc.) que se realicen en el año 2021, en régimen de concurrencia competitiva.

Prazo de presentación: y finalizará a las 14:00 horas del día 22 de marzo de 2021.

Beneficiarios: Entidades privadas sin ánimo de lucro

 

BOP Pontevedra 18 DE FEBREIRO (33)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Concesión premios.- Premios Sofía Novoa Ortiz concedidos polo servizo de igualdade durante o mes de decembro de 2020.

Concesións.- Subvencións dirixidas aos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de pontevedra para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero para o ano 2021.

Extracto.- Extracto das bases da convocatoria de subvencións dirixidas aosconcellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de pontevedra para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero para o ano 2020, aprobadas na xunta de goberno da deputación de pontevedra de 12 de febreiro de 2021

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias