AXUDAS POLOS DANOS PRODUCIDOS POLO OSO PARDO

Convocatoria danos oso pardo.- Orde do 3 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos ocasionados polo oso pardo e se convocan axudas para o ano 2021 (código de procedemento MT815A).

Código de procedemento: MT815A

Obxecto: Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas destinadas a compensar as persoas titulares de explotacións gandeiras polos danos ocasionados polo oso pardo, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2021

Prazo de presentación: a) Para os danos que fosen comunicados aos Servizos de Patrimonio Natural das Xefaturas Territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda entre o 1 de xaneiro de 2021 e a data de publicación desta orde, o prazo de presentación será dun mes contado a partir da entrada en vigor desta orde. b) Para os danos ocasionados desde a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será dun mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano realizado de acordo co establecido no artigo 5 desta orde.

Beneficiarios: 1. Poderán ser beneficiarias as persoas titulares de explotacións gandeiras que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) de Galicia. 2. No caso de danos ás colmeas, estas deberán cumprir cos requisitos establecidos en materia de rexistros, identificación e programas de control e vixilancia de enfermedades obrigatorios, de acordo coa normativa de aplicación. 3. No resto dos casos, deberase cumprir cos requisitos sanitarios establecidos nos programas de control, vixilancia e erradicación de enfermidades que poden afectar as especies gandeiras, así como estar identificado, de acordo coa normativa de aplicación

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias