DOUE 29 DE MARZO
LEGISLACIÓN (L108)
REGLAMENTOS
Obligaciones de notificación, controles sobre el terreno.- Reglamento de ejecución (UE) 2021/540 de la Comisión de 26 de marzo de 2021 por el que se modifica el Reglamento de Ejecución (UE) n.o 809/2014 en lo que atañe a determinadas obligaciones de notificación, controles sobre el terreno de las solicitudes de ayuda por ganado y solicitudes de pago en el marco de las medidas de ayuda relacionadas con los animales, así como a la presentación de la solicitud única, las solicitudes de ayuda o las solicitudes de pago
DOGA 29 DE MARZO (59)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO
Convocatoria.- Resolución do 12 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora e de subvencións COVID-19 para o mantemento do autoemprego na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento PR937A).
Código de procedemento: PR937A
Obxecto: Liña 1 subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora: teñen por finalidade fomentar o seu establecemento como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.– Liña 2 subvencións COVID-19 para mantemento do autoemprego: destinadas a compensar as perdas provocadas pola redución da actividade económica das persoas traballadoras autónomas ou por conta propia no contexto actual de pandemia. Prazo de presetación: 30 de setembro de 2021. Beneficiarios: 1. As persoas galegas e nacidas en Galicia. 2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia. |
Extracto.- Extracto da Resolución do 12 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora e de subvencións COVID-19 para o mantemento do autoemprego na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento PR937A).
AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
Convocatoria.- Resolución do 16 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2021 (códigos de procedemento IN414B e IN414C).
Código de procedemento: IN414B e IN414C
Obxecto: Aprobar as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan galego de eficiencia enerxética nas familias Prazo de presentación: comezará o 20 de abril de 2021 ás 9.00 horas e rematará o 30 de setembro de 2021 ou cando se esgoten os fondos Beneficiarios:. Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas que realicen algunha das actuacións establecidas no artigo 3 destas bases reguladoras nunha vivenda sita na Comunidade Autónoma de Galicia. Para ser beneficiario terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na lista que se publique na páxina web do Inega. |
Extracto.- Extracto da Resolución do 16 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2021 (códigos de procedemento IN414B e IN414C).
VI.ANUNCIOS
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
Planta solar fotovoltaica.- Resolución do 11 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorga autorización administrativa previa e de construción da ampliación da planta solar fotovoltaica e da súa liña de evacuación que Raiola Future, S.L. promove no concello de Vilardevós, Ourense (expediente IN408A 2020/1-3).
Instalacións.- Resolución do 2 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello da Guarda (expediente IN407A 2020/220-4).
Instalacións.- Resolución do 2 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Salvaterra de Miño (expediente IN407A 2020/215-4).
Instalacións.- Resolución do 4 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Cenlle (expediente IN407A 2021/22-3).
Instalacións.- Resolución do 5 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2020/222-4).
Instalacións.- Resolución do 5 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Crecente (expediente IN407A 2020/184-4).
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Aprobación do Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.- Anuncio do 22 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, polo que se somete a información pública o Proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 148/1992, do 5 de xuño, polo que se modifica o Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, e polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.- Corrección de erros. Edicto do 26 de novembro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Desteriz, a favor dos/das veciños/as de Desteriz, no concello de Padrenda.
AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS
Itinerario peonil.- Resolución do 9 de marzo de 2021, da Área de Planificación e Proxectos, pola que se fai pública a aprobación do expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-551, treito A Moureira-Palmás, puntos quilométricos 29+450-30+900, de clave PO/16/268.06.
Itinerario peonil.- Anuncio do 23 de marzo de 2021, da Área de Planificación e Proxectos, para facer pública a resolución pola que se aproba o expediente de información pública do proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na OU-402, treito Reza, puntos quilométricos 1+090-3+780, de clave OU/16/270.06, así como o proxecto de construción de fomento da mobilidade sustentable, nova senda na OU-402, treito Reza, puntos quilométricos 1+090-3+780, de clave OU/19/135.06.1.
BOP Pontevedra 29 DE MARZO (59)
CONCELLO DE VIGO
Subvencións e axudas.- Bases reguladoras das subvencións para o fomento do emprego en entidades sen ánimo de lucro 2021.
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
Instalacións.- Resolución do 15 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de O Porriño (expediente IN407A 2020/229-4).
Instalacións.- Resolución do 15 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Salvaterra de Miño (expediente IN407A 2020/232-4)