NORMATIVA DO DIA 19 DE ABRIL DE 2021

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

BOE 19 DE ABRIL (93)1

V. ANUNCIOS

MINISTERIO DE IGUALDAD

Violencia de género.- Extracto de la Resolución de 8 de abril de 2021 de la Secretaría de Estado de Igualdad y contra la Violencia de Género, por la que se convocan subvenciones públicas destinadas a proyectos de atención a mujeres y niñas víctimas de trata de seres humanos con fines de explotación sexual y sus hijos e hijas menores o con discapacidad para el año 2021.

 

DOGA 19 DE ABRIL (72)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL

Convocatoria.- Resolución do 8 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN500A). (Extracto)

Código de procedemento: IN500A

Obxecto: regulan as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais e proceder á súa convocatoria para o ano 2021 en réxime de concorrencia competitiva.

Prazo de presentación: Ata o día 19 de Maio

Beneficiarios: Microempresas, pequenas e medianas empresas (pemes) do sector forestal radicadas en Galicia en relación cos investimentos realizados en zonas rurais de acordo cos criterios de localización establecidos no ámbito territorial do PDR 2014-2020 e descritos no anexo XV.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Cambios de uso forestal.- Anuncio do 30 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de cambio de uso de forestal a agrícola de varias parcelas na parroquia de Treos, no concello de Vimianzo (A Coruña) (expediente 2020/0118).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Concesións.- Anuncio do 24 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se publica a resolución das axudas concedidas e desestimadas ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 para a concesión das primas de mantemento, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, relacionadas cos expedientes tramitados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais (Diario Oficial de Galicia número 14, do 22 de xaneiro de 2021).

Concesións.- Anuncio do 29 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se publica a resolución das axudas concedidas e rexeitadas tramitadas ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 para a concesión das primas de mantemento das forestacións cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (Diario Oficial de Galicia número 14, do 22 de xaneiro).

MVMC.- Anuncio do 6 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de ordenación forestal do monte veciñal en man común de Montouto (código PO-00022014A) e o seu estudo de impacto ambiental ordinario, concello de Quiroga.

 

BOP Lugo 19 DE ABRIL (87)

CONCELLO DE LUGO

Convocatoria.- Extracto da convocatoria das axudas de reactivación da actividade económica no termo municipal de Lugo para paliar os efectos da COVID-19 – 2º Plan de Reactivación Económica

Código de procedemento: BDNS (Identif.): 557204

Obxecto: Colabor con axudas económicas a paliar os efectos da COVID-19.

Prazo de presentación: A presentación de solicitudes deberá realizarse a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP), dende as 09:00 horas (am) dese mesmo día. A presentación da solicitude de subvención con antelación ao día e hora sinalados anteriormente non será tida en conta. Unha vez esgotado o crédito dispoñible, publicarase no taboleiro electrónico do Concello de Lugo unha nota informando desta situación, aos efectos de que non se presenten máis solicitudes

Beneficiarios: Poderán solicitar esta subvención aquelas persoas físicas ou xurídicas, así como as comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que leven a cabo as actividades empresariais que motivan a concesión da subvención e que cumpran os seguintes requisitos (Ver publicación)

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias