NORMATIVA DO DIA 06 DE MAIO DE 2021

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

BOE 06 DE MAYO (108)

V. ANUNCIOS

MINISTERIO DE TRANSPORTES, MOVILIDAD Y AGENDA URBANA

Expropiacións.- Resolución de la Dirección General de Planificación y Evaluación de la Red Ferroviaria por la que se abre Información Pública correspondiente al Expediente de Expropiación Forzosa 224ADIF2198, motivado por las obras de “Proyecto de Tratamiento de Elementos de la Infraestructura (Puentes y Explanaciones) entre los PP.KK. 028+183 y 036+524 del Tramo Monforte-Ourense de la Línea 810”, en los términos municipales de A Peroxa y Coles (Ourense).

Expropiacións.- Anuncio del ADIF por el que se somete a información pública a efectos de declaración de la necesidad de ocupación del “Proyecto de Construcción para la supresión de los Pasos a Nivel de Red Convencional (RC). Trayectos: Ourense-Monforte-Lugo. Lote 4. Término Municipal de Sarria (Lugo). Paso a nivel P.K. 386/169”.

 

DOGA 06 DE MAIO (85)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

Requerimentos casas niño.- Resolución do 27 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 26 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para os anos 2021, 2022, 2023 e 2024.

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Convocatoria Financiamento empresarial.- Resolución do 23 de abril de 2021 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras de préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408B).(Extracto)

Código de procedemento: IG408B

Obxecto: Financiar proxectos de novos investimentos, intervencións de ampliación da capacidade produtiva e/ou mellora de instalacións existentes, valorándose especialmente o aliñamento dos proxectos cos sectores prioritarios da Axenda da Competitividade Galicia Industria 4.0 e coa RIS3 Galicia.

Prazo de presentación: o 30 de decembro de 2021

Beneficiarios: Poderán ser beneficiarias dos préstamos regulados nestas bases aquelas empresas que cumpran os seguintes requisitos: a) Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia. b) Cumpran as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de préstamo, conforme os requisitos que se detallan no anexo I. c) Acheguen para o proxecto de investimento unha contribución financeira mínima do 25 % do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Instalacións.- Acordo do 14 de abril de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Rianxo (expediente IN407A 2020/73-1).

Instalacións.- Resolución do 14 de abril de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ames (expediente-e IN407A 2021/52-1).

Expropiacións.- Resolución do 15 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución de apoio na LMT GON806 en Radio Faro, no concello de Vigo, de que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2020/189-4).

 

BOP Lugo 06 DE MAIO (101)

CONCELLO DE O CORGO

Convocatoria.- Convocatoria de axudas para o impulso da actividade económica no termo municipal do Corgo, para paliar os efectos do coronavirus (Covid-19) – Ano 2021.

Código de procedemento: Ver publicación

Obxecto: Preténdese protexer o interese xeral dos veciños e das veciñas de O Corgo, dando soporte aos citados sectores <para minimizar o impacto da crise económica provocada polo COVID-19 e para que unha vez finalizada a alarma sanitaria, se produza canto antes unha reactivación da economía do noso municipio, actuando directamente sobre os colectivos e as persoas físicas e xurídicas máis afectadas.

Prazo de presentación: Ata o 06 de xuño

Beneficiarios: Poderán solicitar esta subvención os autónomos así como as persoas xurídicas, comunidades de bens, sociedades civís, agrupacións de personas físicas ou xurídicas privadas ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado, legalmente constituídas que leven a cabo as actividades empresariais que motivan a concesión da subvención e que cumpran unha serie de requisitos (ver publicación)

 

BOP Ourense 06 DE MAIO (101)

ADMINISTRADOR DE INFRAESTRUCTURAS FERROVIARIAS – ADIF

Expropiacións.- Exposición pública del expediente de expropiación forzosa 224ADIF2198, de las obras del “Proyecto de tratamiento de elementos de la infraestructura (puentes y explanaciones) entre los p.k. 028+183 y 036+524 del tramo Monforte-Ourense de la línea 810”, en los términos municipales de A Peroxa y Coles [1280/2021]. (Páx.2)

 

BOP Pontevedra 06 DE MAIO (85)

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

Modificación bases convocatoria.- Modificación da base segunda das que rexerán a concesión de subvencións dirixidas a axudar aos sectores da hostalería e outras pequenas empresas do Concello de Vilanova de Arousa ante os efectos económicos da Covid 19

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias