NORMATIVA DO DIA 25 DE MAIO DE 2021

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

BOE 25 DE MAYO (124)

I. DISPOSICIONES GENERALES

MINISTERIO DE TRANSPORTES, MOVILIDAD Y AGENDA URBANA

Modificación de plazos. Ayudas.- Orden TMA/498/2021, de 21 de mayo, por la que se modifican los plazos para solicitar y formalizar los préstamos avalados y subvencionados por el Estado establecidos en la Orden TMA/378/2020, de 30 de abril, por la que se definen los criterios y requisitos de los arrendatarios de vivienda habitual que pueden acceder a las ayudas transitorias de financiación establecidas en el artículo 9 del Real Decreto-ley 11/2020, de 31 de marzo, por el que se adoptan medidas urgentes complementarias en el ámbito social y económico para hacer frente al COVID-19.

 

DOGA 25 DE MAIO (96)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Procedementos de comunicación.- Resolución do 20 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se regula o procedemento de comunicación de instalacións temporais de produtos petrolíferos para subministración a vehículos (código de procedemento IN624E).

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

Convocatoria.- Resolución do 11 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas, para o ano 2021, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN421G). (Extracto)

Código de procedemento: IN421G

Obxecto: Apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen como fonte enerxética a xeotermia, a aerotermia e a solar térmica

Prazo de presentación:25 de xuños

Beneficiarios: a) As entidades locais de Galicia e entidades delas dependentes. b) As entidades sen ánimo de lucro. c) Empresas legalmente constituídas e autónomos As empresas deberán cumprir co criterio de autonomía e demais requisitos que se establecen no anexo I do Regulamento xeral de exención por categorías.

AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL

Convocatoria.– Resolución do 10 de maio de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan para o ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas á valorización e á segunda transformación das pequenas e medianas empresas da industria forestal galega e do contract (código de procedemento IN500B). (Extracto)

Código de procedemento: IN500B

Obxecto: Regular as axudas dirixidas á valorización, potenciación, innovación e mellora das pequenas e medianas empresas da industria forestal de Galicia e do contract.

Prazo de presentación: 25 de Xuño

Beneficiarios: Poderán ser persoas beneficiarias as microempresas, pequenas e medianas empresas do sector da industria forestal e do contract radicadas en Galicia que utilicen a madeira, a resina, a cortiza ou outros produtos de orixe forestal, exceptuando os produtos agroalimentarios, como materia prima para a elaboración dos seus produtos. Para estes efectos, tomarase a definición de peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014. Segundo esta definición, pemes son aquelas empresas que ocupan menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non excede os 43 millóns de euros.

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Instalacións.– Resolución do 15 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2020/213-4).

Expropiacións.- Resolución do 27 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS CTC Rúa Figueiras, no concello de Vigo, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2020/128-4).

Concesión de explotación Monte Agriño II.- Anuncio do 9 de abril de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a actualización do Proxecto de explotación, Plan de restauración e estudo de impacto ambiental da concesión de explotación Monte Agriño II, número 6976.1, situada no concello de Lousame, para a ampliación do oco de explotación, promovido pola sociedade Prebetong Áridos, S.L.U.

 

BOP A Coruña 25 DE MAIO (96)

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Instalacións.- Resolución do 19 de maio de 2021 da Xefatura Territorial da Coruña pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Melide (Núm. Expte. IN407A 2021/45-1)

Instalacións.- Resolución do 18 de maio de 2021 da Xefatura Territorial da Coruña pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Oleiros (Núm. Expte. IN407A 2021/79-1)

Instalacións.- Acordo do 18 de maio de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ordes (expediente IN407A 2020/200-1

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Concesións Programam FOEI/2021.- Resolución pola que se aproba a concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa foie: convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o investimento de servizos sociais no ano 2021.

 

BOP Ourense 25 DE MAIO (116)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Programa ChegOU 2021.– Bases reguladoras para la concesión de subvenciones para el fomento de la natalidad de la provincia de Ourense. Programa ChegOU 2021 [1553/2021].(Páx.2). (Extracto)

 

BOP Pontevedra 25 DE MAIO (97)

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Instalacións.- Resolución do 12 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo. (exepediente IN407A 2021/84-4)

Instalacións.- Resolución do 12 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Silleda. (exepediente IN407A 2021/66-4)

 

 

 

 

 

 

 

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias