UUAA consigue un acordo para mellorar o funcionamento da Mesa de Prezos de Ternera Gallega

O órgano contará por fin cun método de funcionamento transparente, regular e participativo

Mércores, 9 de xuño- Unións Agrarias celebra o acordo acadado este martes na xuntanza da Mesa de Prezos de Ternera Gallega. A organización ten conseguido que a súa proposta para modificar o funcionamento dese órgano e convertelo nun instrumento realmente útil prospere. E seguirá traballando para que os cambios acordados permitan unha mellora da rendabilidade das explotacións.

Habida conta das deficiencias de funcionamento da Mesa de Prezos de Ternera Gallega; da escasa transparencia e da falta dun métodos e dunha periodicidade axeitadas; Unións Agrarias ten proposto modificar o sistema de funcionamento dese organismo. Unha idea que onte foi aprobada; e que comezará a funcionar nas vindeiras semanas.

Grazas á iniciativa de Unións, a partir de agora a Mesa de Prezos reunirase todos os martes e nela participarán 4 representantes de Ternera Gallega, 4 de Ternera Gallega Suprema e 4 da industria. Antes do encontro todos os membros da mesa contarán con información das bases de cotización da semana anterior; en base ás cales deberán facer chegar a súa proposta de prezo para a semana próxima. Dese xeito, os participantes chegarán á xuntanza cunha proposta de cotizacións sobre a mesa, que sairá da media de todas as achegadas. Así como con datos sobre o peso e a idade media dos animais sacrificados na semana anterior.

Unións Agrarias valora positivamente un avance que aumenta a participación e a transparencia; e que permite un seguimento das cotizacións realista e actualizado. E manterase vixilante para velar polos dereitos de gandeiras e gandeiros e conseguir que as liquidacións aportadas se correspondan coa realidade.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias