UUAA PIDE MELLORAR PREZOS NA REUNIÓN COA DISTRIBUCIÓN

Esixe á Administración liderado para facer cumprir o estipulado na Lei de Cadea

Santiago 10 de xuño de 2021.- A organización Unións Agrarias está a manter ao logo desta semana unha quenda de xuntanzas individuais cos grandes actores da distribucións en Galicia para trasladarlles as grandes dificultades que sofren as explotación lácteas galegas por mor da suba incontrolada dos custos de produción. Unha rolda de encontros, que rematará o vindeiro 18 de xuño.

Unións Agrarias manifesta a boa disposición das cadeas de supermercados para sacar do estancamento de máis de dous anos que sofre o prezo do leite nos lineais de compra. Un obxectivo que require dunha unidade de acción á que deben de incorporarse tamén as industrias.

UUAA reclama de Xunta de Galicia e Ministerio de Agricultura que tomen o liderado para impulsar un cumprimento estrito do ordenamento que fixa a Lei de Cadea en canto á obrigatoriedade de negociacións efectivas de contratos cunha referencia real dos custos de produción. Situación que nestes momentos dista moito de cumprirse polas prácticas “trileiras” das industrias, que seguen a impoñer fórmulas de adhesión disfrazándoas dun acordo pactado.

Para a organización resulta incompresible que teña que ser unha organización como UUAA, -por incomparecencia das administracións- a que teña que promover o cambio das regras de xogo entre os elos da cadea de valor do leite para que se repartan de xeito xusto os beneficios da produción. Porque esta é a letra e o espírito que se recolle na Lei de Cadea; e polo tanto esta debe de ser a base de actuación para corrixir as ilegalidades que determinadas industrias e moitos primeiros compradores cometen á hora de asinar os contratos cos gandeiros.

Así as cousas, Unións Agrarias reclama a convocatoria da Mesa do Leite co obxectivo de denunciar e trocar unha situación que, de continuar, pon en grave risco a supervivencia de moitas explotacións galegas.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias