AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA EN EXPLOTACIÓNS AGROPECUARIAS

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

Convocatoria.- Resolución do 2 de xuño de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de axudas para a realización de actuacións de eficiencia enerxética en explotacións agropecuarias (código de procedemento IN418D). (Extracto)

Código de procedemento: IN418D

Obxecto: concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de axudas para a realización de actuacións de eficiencia enerxética en explotacións agropecuarias, de acordo coas bases reguladoras previstas no Real decreto 149/2021, do 9 de marzo, polo que se regula o Programa de axudas para a realización de actuacións de eficiencia enerxética en explotacións agropecuarias, publicado no BOE núm. 59, do 10 de marzo de 2021

Prazo de presentación: comezará ás 9.00 horas do 22 de xuño de 2021 e rematará o 31 de decembro de 2021

Beneficiarios: a) Persoas físicas ou xurídicas de natureza privada ou pública titulares dunha explotación agropecuaria. b) Comunidades de regadores e outras organizacións cuxo fin consista na xestión común de auga para a rega agrícola ou a xestión común doutros combustibles e fontes de enerxía para fin agropecuario. c) Titulares de explotacións agrícolas de regadío que utilicen redes de rega para cuxo funcionamento sexa necesario actualmente o consumo de enerxía eléctrica. d) Calquera organización ou asociación de produtores agrícolas recoñecida pola autoridade competente. e) As comunidades de enerxías renovables e as comunidades cidadás de enerxía, segundo a definición da Directiva 2018/2001 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2018. f) As empresas de servizos enerxéticos (ESE) ou provedores de servizos enerxéticos definidas no Real decreto 56/2016

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias