UUAA LOGRA QUE SE MELLOREN OS RENDEMENTOS PARA AS PEQUENAS EXPLOTACIÓNS DO RIBEIRO

O incremento chega ata un 20% nas parcelas de menos de 900 m2

Ribadavia, 17 de Xuño de 2021.- O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro vén de aprobar unha modificación do prego de condicións no referente aos rendementos nas explotacións. Unha iniciativa impulsada por Unións Agrarais que vai permitir que os viticultores non deixen uvas colgadas nas cepas ou teñan que vendelas fora do amparo da DO.

Unions Agrarias fixo fincapé en que nas parcelas de menor superficie, e cun marco de plantación superior as 5.000 cepas/Ha (e chegando en moitos casos as 8.000-9.000 cepas/Ha), os rendementos son maiores aos establecidos no prego de condicións actual. Nestas condicións, resultaba imposible para os viticultores facer unha reestruturación das mesmas e adaptarse á normativa; polo que a única saída que lles quedaba era o abandono, como está a suceder nos últimos anos nesta Denominación de Orixe.

Na sesión celebrada esta maña en Ribadavia aprobouse unha modificación que permitirá que nas parcelas de menos de 900 m2 das variedades máis produtivas -Torrontés e Palomino-, se poidan producir un 20% mais con respecto ao rendemento que establece o referido prego.

Con esta modificación que agora se aproba, e que UUAA tiña solicitada en distintas ocasións, supón un aposta pola viticultura social; evitando que os produtores teñan que deixar uvas colgadas ou a posibilidade de que se cree un mercado paralelo de uva que o único que favorece é a baixada de prezo e a fraude. A organización lembra que o modelo de explotación vitivinícola de pequenos produtores fai posible manter esta actividade en moitos concellos ourensáns que apenas dispoñen doutro sector económico activo. De aí o seu carácter estratéxico desde o punto de vista social, cultural e demográfico.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias