UUAA EXISE XA UNHA REDUCCIÓN DRÁSTICA DO NÚMERO XABARÍS

Considera insuficiente a declaración de emerxencia cinexética anunciada pola Consellería logo da reunión da Comisión de seguimento

Santiago 18 de xuño de 2021– Unións Agrarias valora como insuficiente a declaración de emerxencia cinexética en varias comarcas de Galicia anunciada pola Consellería de Medio Ambiente. Unha medida que por si soa non garante unha redución drástica das mandas de xabaril que campan sen control, causando graves danos nas explotacións agrarias e motivando miles de accidentes de tráfico nas estradas galegas.

Na reunión mantida onte entre todos los actores que forman parte da Comisión de seguimento do xabaril, UUAA lembrou que nos últimos 6 anos as perdas causadas por esta especie alcanzaron os 70 millóns de euros, dos cales a Xunta de Galicia cubriu tan só 6 millóns. Os restantes foron soportados polos produtores. Unha situación que levou a que moitas explotacións se endebedaran ou ben deixaran a actividade completamente.

Félix Porto, secretario da Área Externa e Coordinación Sectorial de UUAA, manifestou que “a nosa organización é plenamente consciente de que o pago das indemnizacións xudiciais levará por diante moitos tecores, o que vai resultar un problema. Por iso levamos no seu día unha ILP ao Parlamento para cambiar a Lei de Caza. Pero a iniciativa foi rexeitada polo PP”. Para Unións Agrarias resulta imprescindible que a responsabilidade de indemnización dos danos causados polo xabaril na agricultura pase a ser da Xunta de Galicia; non dos TECOR e Sociedades de Caza, que son incapaces de responder das cantidades cada vez mais grandes debido á magnitude das desfeitas.

Diante da pasividade institucional, Unións Agrarias decidiu recorrer aos tribunais co único obxectivo de que se cumprira a lei para que os gandeiros e agricultores tiveran algunha compensación polas perdas das súas colleitas e o lucro cesante que padecen as explotacións pola perda de actividade. Porén, o fracaso do modelo actual para controlar as poboacións de xabarís é evidente e, a falta de censos directos, indicadores indirectos como as tendencias dos danos nos cultivos e dos accidentes de tráfico evidencian o aumento das poboacións de ano en ano.

O modelo actual non logra estabilizar as poboacións pese ás 21.000 batidas que se celebran anualmente en Galicia. Non están a funcionar os sistemas e protocolos para mobilizar medidas preventivas inmediatas, para protexer os cultivos baixo o paraugas da Lei 13/2013 de Caza de Galicia (pensada para un marco cinexético e non de praga).

Por todo elo, UUAA está a desenvolver unha campaña de información a través das oficinas das comarcas con problemas de fauna salvaxe, poñendo a disposición dos afectados os servizos xurídicos da organización para que os produtores reciban as compensacións que lles corresponden pola perda dos seus cultivos.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias