NORMATIVA DO DIA 21 DE XUÑO DE 2021

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOUE 21 DE XUÑO

LEGISLACIÓN (L219)

REGLAMENTOS

Peste porcina.- Reglamentos reglamento de ejecución (UE) 2021/994 de la Comisión de 18 de junio de 2021 que modifica el anexo I del Reglamento de Ejecución (UE) 2021/605, por el que se establecen medidas especiales de control de la peste porcina africana

 

DOGA 21 DE XUÑO (116)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

Promoción e consolidación do emprego autónomo.- Orde do 9 de xuño de 2021 pola que se modifica a Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se convocan para o ano 2019.

Convocatoria.- Resolución do 8 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento SI437A). (Extracto)

Código de procedemento: SI437A

Obxecto: establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas: a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, Liña 2: promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de acompañamento das vítimas, con especial incidencia nas mulleres rurais (ver Orde)

Prazo de presentación:21 de xullo

Beneficiarios: Poderán ser entidades beneficiarias das axudas previstas nesta convocatoria as asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas, sen ánimo de lucro, que cumpran os requisitos, condicións e obrigas (ver Orde)

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Ampliació orzamentaria axudas CMVMC.- Orde do 8 de xuño de 2021 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR651C).(Extracto)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Ampliación de prazo.- Resolución do 4 de xuño de 2021 pola que se amplía o prazo máximo para resolver e publicar a resolución do procedemento establecido na Resolución do 17 de decembro de 2020 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para 2021 en réxime de concorrencia competitiva (Galicia Emprende) (código de procedemento IG406F).

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Modificación puntual PXOM de Arzúa.- Anuncio do 2 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual número 3 do PXOM de Arzúa para redelimitar o solo rústico de protección forestal (expediente 2021AAE2545).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Disolucións e cancelacións de sociedades agrarias de transformación.- Resolución do 31 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sobre disolucións e cancelacións de sociedades agrarias de transformación (SAT).

 

BOP A Coruña 21 DE XUÑO (115)

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Instalacións.- Resolución do 15 de xuño de 2021 da Xefatura Territorial da Coruña pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no Concello da Coruña (Núm. expte: IN407A 2021/62-1).

Instalacións.- Resolución do 15 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Boiro (expediente-e.: IN407A 2019/196-1)

Instalacións.– Resolución do 15 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Boiro (expediente-e.: IN407A 2021/13-1)

Expropiacións.– Acordo do 15 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica, no concello de Carballo (expediente IN407A 2020/205-1).

 

 

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias