NORMATIVA DO DIA 1 DE XULLO DE 2021

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais

DOGA 1 DE XULLO (124)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

Convocatoria.- Orde do 14 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento TR358A).(Extracto)

Código de procedemento: TR358A

Obxecto: establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das subvencións destinadas a sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas máis representativas de Galicia de persoas traballadoras autónomas

Prazo de presentación: 02 de Agosto

Benficiarios: Entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial cuxo ámbito de actuación comprenda todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Parques eólicos.- Acordo do 21 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade da urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto do parque eólico Lagoa II-modificado, nos concellos de Santa Comba e Zas (A Coruña) (expediente IN661A 02/2009).

Parques eólicos.- Acordo do 21 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto da liña e posición de transformación de alta tensión evacuación 66 kV Lagoa I e II, nó B, nos concellos de Zas e Santa Comba (A Coruña) (expediente IN408A 2019/08).

Instalacións.- Resolución do 3 de maio de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Coirós (expediente IN407A 2021/81-1).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas.- Anuncio do 14 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública o procedemento de inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas do monte A Ferrería, do concello de Montederramo.

 

BOP A Coruña 1 DE XULLO (122)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Concesións.- Resolución pola que se aproba a concesión provisional de subvencións correspondentes ao Programa FO203:Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2021.

Concesións.- Resolución pola que se aproba a concesión definitiva de subvencións correspondentes ao Programa FO204:Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro, para a realización de investimentos culturais, durante o ano 2021.

CONCELLO DE PADRÓN

Bases para a convocatoria.- Bases para a convocatoria pública de subvencións municipais a entidades públicas ou privadas para fomentar unha actividade ou interese municipal. ano 2021

 

BOP Pontevedra 1 DE XULLO (124)

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

Expropiacións.- Resolución do 22 de xuño de 2021, do Servizo Provincial de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación e formalización de actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de Fomento da mobilidade sostible. Senda na PO-551. Tramo A Moureira-Palmás, PK 29+450-30+900, de clave PO/16/268.06, no concello de Moaña.

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Concesións.- Anuncio da deputación de pontevedra relativo ás bolsas de mentoria da i edición do programa “descúbreas” concedidas polo servizo de igualdade durante o mes de xuño de 2021

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias