NORMATIVA DO DIA 9 DE XULLO DE 2021

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

BOE 9 DE JULIO (163)

III. OTRAS DISPOSICIONES

MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y ALIMENTACIÓN

Lengua azul.- Resolución de 5 de julio de 2021, de la Dirección General de Sanidad de la Producción Agraria, por la que se modifica la parte B del anexo I de la Orden APA/1251/2020, de 21 de diciembre, por la que se establecen medidas específicas de protección en relación con la lengua azul.

 

DOGA 9 DE XULLO (130)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas.- Corrección de erros. Resolución do 1 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se procede á publicación da reasignación dos créditos orzamentarios recollidos na Orde do 17 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola COVID-19, mediante o Programa I de persoas traballadoras autónomas (TR500A), susceptible de ser financiado parcialmente polo Fondo Social Europeo (FSE), e o Programa II de microempresas (TR500B), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Convocatoria programa Cheques dixitalización COVID-19.- Resolución do 29 de xuño de 2021 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada pola COVID-19 (programa Cheques dixitalización COVID-19), susceptibles de ser financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG300E).(Extracto)

Código de procedemento: IG300E

Obxecto: Estas axudas teñen como obxecto subvencionar proxectos que promovan a adaptación dos beneficiarios elixibles á situación creada pola COVID-19 mediante a implementación efectiva de tecnoloxías dixitais en calquera das seguintes categorías (ver publicación). Os proxectos deberán estar comprendidos entre os 1.500 € e os 12.000 € de gasto subvencionable. Cada entidade poderá solicitar o programa Cheques de dixitalización COVID-19_2021 unha única vez

Prazo de presentación: rematará o 30 de setembro de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito

Beneficiarios: Pequenas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 (inclúe autónomos que cumpran a condición de pequena empresa) que desenvolvan a súa actividade en calquera sector de servizos. b) As seguintes entidades da economía social: sociedades cooperativas galegas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego. Entidades do tecido asociativo empresarial e laboral, como poden ser asociación empresariais, agrupacións industriais, colexios profesionais, asociacións sindicais ou cámaras

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Instalacións.- Resolución do 17 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2021/130-4).

Instalacións.- Resolución do 17 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Bueu (expediente IN407A 2021/114-4).

Instalacións.- Resolución do 17 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2021/88-4).

Expropiacións.- Resolución do 17 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello do Grove (expediente IN407A 2020/185-4).

Expropiacións.- Resolución do 18 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reforma LMT PSY804 no Toural, no concello de Vilaboa, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2020/169-4).

Instalacións.- Resolución do 18 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ponteceso (expediente-e IN407A 2021/4-1).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Clasificación de Montes Veciñais en Man Común.- Anuncio do 17 de xuño de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos a deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 53/75 e dezaoito máis).

 

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias