DOGA 12 DE XULLO (131)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE
Convocatoria Programa do bono das persoas autónomas.- Orde do 28 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TR341Q).(Extracto)
Código de procedemento: TR341Q
Obxecto: Fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do Programa do bono das persoas autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia Prazo de presentación: 12 de agosto Beneficiarios: As persoas traballadoras autónomas que estean de alta no réxime especial de autónomos ou nunha mutualidade de colexio profesional, que teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2020. As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia que cumpran cunha serie de requisitos (ver publicación) |
VI. ANUNCIOS
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
Instalacións.- Resolución do 18 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Bergondo (expediente-e IN407A 2021/20-1).