A REFORMA PREVISTA DA PAC, UNHA OCASIÓN PERDIDA PARA O RURAL

Malas perspectivas para Galicia na filosofía da aplicación e no reparto de fondos

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2021.- Unións Agrarias teme un resultado frustrante dos acordos que se desprendan da reunión sectorial da PAC que hoxe ten lugar no Ministerio de Agricultura. De acordo ao documento base de negociación ao que tivo acceso a organización agraria, esta teme que as altas expectativas xeradas en relación a criterios como o pago redistributivo, o tipo de preceptor ou o capping non cheguen a materializarse e o novo Plan Estratéxico Nacional se convirta nunha oportunidade perdida para a agricultura e a gandería familiar e as pequenas e medianas explotacións, maioritarias en Galicia.

Para UUAA resulta moi significativo que despois das expectativas creadas arredor da nova filosofía que supostamente ía rexer a figura do agricultor xenuíno, todo apunte agora a que os criterios van seguir mantendo a nómina desmedida de 700.000 preceptores; co que se consolida a confusión entre propietarios de terreos agrícolas e produtores con actividade. Hai que lembrar que Francia, cun volume de actividade superior no sector primario, apenas supera os 350.000 preceptores de PAC.

Na mesma liña de decepción pódese fixar o que ten que ver coa limitación anunciada para os volumes máximos nas axudas; xa que pese aos intentos de reducir os ingresos dos grandes preceptores para acadar unha maior capilaridade das achergas, o resultado final apunta a que ao permitir sumar salarios e prestacións de servizos por parte de terceiros nas solicitudes de PAC seguirán aparecendo liquidacións de ata 200.000 euros.

Igualmente semella que estamos ante unha oportunidade perdida no referente ao chamado Pago Redistributivo, pensado para axudar ás pequenas explotacións primando especialmente unha ratio baixa de hectáreas para garantir así o acceso a rendas, con independencia do seu tamaño. Tamén neste aspecto, e pese ás altas expectativas creadas, semella que finlamente Galicia vai ser penalizada; ao non preverse un único módulo contable para todo o estado, senón un por cada unha das 20 rexións agronómicas previstas. Un modelo que provocará asimetrías no reparto.

Ademais, coa introdución no ano 2029 da previsible tarifa plana para as axudas do Primeiro Pilar, Galicia pode perder ata un 25% do total polas 75.000 hectáreas que cada ano se declaran e polas que non se cobra.

Finalmente, no capítulo referido aos Ecoesquemas, as novas esixencias medioambientais para os produtores van condicionar o 25% das axudas directas que ata agora viñan percibindo os agricultores e gandeiros. Unha porcentaxe das achegas que, cos novos criterios, pasará a estar condicionada á realización de cuantiosos investimentos adicionais para modificación dos sistemas de abonados, rotación de cultivos ou benestar animal.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias